15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE corrixe ó Concelleiro Marcos Rodr

Actualidade

O PSOE corrixe ó Concelleiro Marcos Rodríguez sobre a inversión en Pontellas

A Secretaria de Innovación e veciña de Pontellas Elena Alonso correxiu hoxe ó concelleiro de goberno Marcos Rodríguez que afirmou recentemente que a cantidade de inversión municipal para a construcción do aparcamento que rexeitaron PP, CxP e IdeP se invertiría igual na parroquia de Pontella, dado que a modificación orzamentaria non foi aprobada polo pleno..

 

11/01/2010

 

A Sª de Inovación e veciña de Pontellas Elena Alonso e o Secretario de Organización socialista Jose Carlos Díaz, sairon hoxe ó paso das declaracións feitas polo concelleiro de Pontellas Marcos Rodríguez nas que afirmaba que o Concello invertiría igual en Pontellas os fondos que ían ser destinados á compra de terreos para a construcción do aparcamento da Igrexa de Pontellas, que foi impedida polos votos en contra de PP, CxP e IdeP

 

Elena Alonso destacou que Rodríguez minte ós veciños de Pontellas porque el sabe que ó nona probarse a modificación de crédito orzamentario, eses fondos non poden ser destinados a Pontellas. Alonso afirmou que a menos que o concello presente unha modificación presupuestaria o pleno, será imposible que se poida invertir nin un céntimo en Pontellas, xa que o presuposto esta prorrogado e non existen partidas de inversion para a parroquia. “Así non se defende a parroquia. As declaracións de Marcos buscan tapar a súa mala xestión e minten ós veciños de Pontellas”

 

Obras no barrio de San Pelaio

 

Alonso animou ademais a Rodríguez a que se quere apoiar Pontellas, que pida fondos do Plan E para inverstir na parroquia en mellora de estradas, saneamento, un campo de cespede artificial de para o campo de futbol de Pontellas ou faga caso ás peticións dos veciños do barrio de San Pelaio que levan moito tempo pedíndolle que arranxe o muro de pedra e a valla do mesmo que pecha o recinto que se atopan en estado de moita perigosidade por estar a unha altura considerable, así como a mellorar o entorno Capilla de San Pelaio humanizando o barrio e creando instalacións deportivas

 

“Se Rodríguez  non consigue fondos para Pontellas, as súas palabras as levará o vento e os veciños de Pontellas verán quén defende a parroquia e quen non”, afirmou a secretaria socialista.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera