15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE esixe ó goberno que aprobe xa o c

Actualidade

O PSOE esixe ó goberno que aprobe xa o convenio colectivo e presente o proxecto de orzamentos para o 2010

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista sumouse hoxe á crítica emitida polo sindicato CIG, no que denunciaba o retraso na negociación do convenio colectivo e esixiu a presentación da proposta de orzamentos de 2010 para non seguir perdendo subvencións.

 

23/12/2009

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, sumouse hoxe á crítica realizada polo sindicato CIG , así como fai uns meses polo sindicato CCOO, nas que esixían a inmediata reactivación do proceso de negociación do convenio colectivo do persoal laboral e funcionarial do Concello do Porriño.


 

O Voceiro Socialista realizou estas declaracións lembrando que en varias ocasións teñen solicitado ó goberno que se retomen as conversas co comité para asinar un convenio colectivo que remate con anos de inxustizas laborais. O caso máis recente, segundo Vaqueiro, foi a pregunta do grupo municipal socialista do mes de xullo de 2009 sobre este tema, pero que non foi así. “temos corpos como a policía totalmente abandonados polo goberno local”


 

Vaqueiro esixíu ó Alcalde que non marxine os traballadores do Concello e que retome de xeito inmediato a negociación colectiva, afirmando que presentará unha moción por rexisto para que o tema sexa debatido no vindeiro pleno da corporación.


 

Orzamentos 2009 e 2010

Vaqueiro criticou tamén ó Alcalde, responsable da área de Facenda, por non presentar en todo o 2009 un proxecto de orzamentos, e lembroulle que estamos en decembro de 2009 e tampouco sabemos nada dos orzamentos de 2010.


 

Os socialistas amosáronse moi críticos côn este aspecto, lembrando que cando exercían as labores de goberno presentaron 3 orzamentos ó pleno (2004, 2005 e 2006), que a pesar de ser rexeitados póla oposición, eran o proxecto do goberno local. Vaqueiro incluso afirmou que o Concello perdeu moitas subvencións por non ter un orzamento no 2009. “Se non fose pólo Plan E, o Concello, no 2009 non teria invertido case nada en obras, por non dicir nada de nada”


 “O que se desprende desta situación é a desidia municipal dun goberno que non toma en serio as súas responsabilidades, nin busca consensos, nin negocia cós grupos nin presenta ideas. O Porriño necesita un orzamento real e realista ante a situación que vive a economía. Cuestións como o convenio colectivo non se poderán resolver sen un novo Orzamento e temos un goberno que non fai os seus deberes”.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera