15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Vaqueiro pide unidade e consenso na proc

Actualidade

Vaqueiro pide unidade e consenso na procura de solucións ó paso a nivel.

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista saliu hoxe a responder as declaracións do BNG do Porriño nas que afirmaba que non existe ningún estudio para eliminar o paso a nível para pedirlle diálogo para tratar de solucionar o problema do paso a nivel.

 

09/12/2009

 

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, informou que na mañá de hoxe dirixiuse a todos os voceiros dos grupos municipais con representación na Corporacoón para debatir sobre o problema do paso a nivel e solicitar ó Concello unha reunión urxente da xunta de portavoces para debatir a cuestión e tratar de fixar unha posición conxunta.


 

O Voceiro Socialista realizou estas declaracións logo de coñecer pola prensa as declaracións do BNG local nas que afirmaba que “non existe ningún estudio para a eliminación do paso a nivel”, e aproveitou para lembrar que dende o ano 2007, existe un estudio oficial do Ministerio de Fomento que saiu a exposición pública para a aliminación do paso a nivel aprobada no proxecto do Tren de Alta Velocidade Vigo-Oporto (BOE de 23 de Febreiro de 2007), que incluia a variante ferroviaria do Porriño que eliminaba o paso a nivel.


 

Vaqueiro pediu ós grupos consenso, e invitounos a traballar conxuntamente sobre o estudio aprobado por Fomento, porque do contrario, a solución do paso a nível pode demorarse ata o 2017 como mínimo.


 

Xunta de Portavoces urxente e chamada ó diálogo


 

Vaqueiro pediu unidade de acción para fixar posicións e abrir un frente institucional común para desbloquear a proposta de Fomento aportando aquelas propostas que melloren o estúdio informativo. “A Xunta de Portavoces, afirmou Vauqiero, ou o propio pleno, deben ser os cauces axeitados para que a Corporación chegue a un acordo e traballemos todos xuntos en solucionar este problema. Non debemos dar os veciños do Porriño unha imaxe de desución facendo cada un propostas distintas e ás veces, irrealizables.


 O líder socialista, que informou tamén que se reunirá co Delegado de Goberno de Galicia nos vindeiros dias, para dar todas as facilidades ó Concello para plantexar as súas propostas, afirmou que o PSOE entende e apóia á plataforma veciñal que loita por rematar co paso a nível, ante a que os partidos políticos debemos dar exemplo de responsabilidade na procura do interes xeral “porque os veciños  nos piden unidade, non un conflicto institucional. “

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera