15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE apóia a compra do terrreo en Pont

Actualidade

O PSOE apóia a compra do terrreo en Pontellas para a construcción do aparcamento do cementerio

O PSOE do Porriño saiu hoxe ó paso do cruce de declaracións entre o goberno local e CxP sobre a compra do térreo en Pontellas para a construcción dun aparcamento para apoiar a súa compra e pediu os grupos un esforzo de consenso.

 

24/11/2009

 

    A comisión executiva local do PSdeG-PSOE, saiu hoxe ó paso das declaracións entre CxP e Concello sobre a compra de terreos en Pontellas para a construcción dun novo aparcamento para indicar a súa postura favorable á compra do terreo en Pontellas polo Concello e pediu consenso ós grupos sobre este tema.

    A secretaria de innovación da executiva socialista e veciña de Pontellas Elena Alonso, indicou que o paracamento é unha infraestructura necesaria para a parroquia e compartiu a preocupación dos veciños e veciñas de Pontellas sobre este tema. “Un esforzo como o que está a facer a Comunidade de Montes de Pontellas que vai invertir unha importante cantidade para esta acción, non debería paralizarse por diferencias políticas. Pontellas ten dereito a este aparcamento e debemos apoialos igual que facemos con outros colectivos veciñais das parroquias”

    Segundo Elena Alonso, “ os socialistas apoiamos no pleno a compra deste terreo porque é unha demanda social, e lamentamos que o punto non saise aprobado por unanimidade, polo que pedimos a todos os partidos da Corporación que recapaciten e cambien a súa postura”

    O PSOE anunciou que chamará a todos os portavoces dos grupos da corporación para tratar de consensuar este tema e poder aprobalo por unanimidade, pero advertíu ó goberno local de que no fracaso da aprobación plenaria deste punto ten parte de culpa por non chamar antes ós partidos e consensuar posturas sobre o mesmo.

    Sobre a valoración dos terreos, os socialistas afirmaron que inda que inicalmente tiñan dúbidas sobre o seu valor, entenden e comparten o informe da técnica municipal, pois a pesar de que entendíamos que se podía ir á expropiación do terreo, finalmente impedimentos legais fan esa opción inviable, polo que comparten o prezo de compra do  terreo que é case 12.000 euros máis baixa que o que valoran os técnicos municipais. “Non compartimos a postura de CxP e do resto dos grupos que votaron en contra porque esta é a alternativa máis viable.”

    Elena Alonso pediu consenso ós grupos da corporación e pediu ó goberno local un esforzo de diálogo para que non se volva a perder a votación. 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera