15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE do Porriño critica o abandono do

Actualidade

O PSOE do Porriño critica o abandono do edificio das Asociacións que se atopa inundado por falta de mantemento da súa cuberta

O PSdeG-PSOE criticou hoxe ó goberno a súa deixadez no mantemento do edificio dos Antigos Xulgados, hoxe sede de moitas asociacións culurais e veciñais, que viron inundados os seus locais polo mal estado da súa cuberta. .

 

19/11/2009

 

Os membros do Grupo Municipal Socialista constataron que as fortes chuvias deste domingo produciron fortes inundacións no edificio ó filtarse auga pola súa cuberta, que se atopa en moi mal estado, e pediron reformas urxentes no inmoble municipal.

 

O edificio, que alberga entre outros, a asociacións como Amas de Casa e Consumidores, o grupo de Cantareiras do Fonteliño, Os Zoqueiros, a sede da Escola de Música ou o Centro de Drogodependencias, segue a filtrar auga pola súa cuberta, o que fai que estas asociacións sigan a ver como entra auga que pon en perigo non só as súas sedes, senon a propia estructura.

 

O inmoble, que ten xa certa antigüedade, esixe segundo os socialistas, unha reforma integral, para evitar filtracións e mellorar o seu estado. Esta situación, segundo os socialistas, esixe a inmediata reforma do mesmo, para o que o PSOE invitou ó goberno local a que tome man de subvencións para o arranxo do mesmo. Tanto os fondos do Plan Provincial de Cooperación ou do Plan de Inversión Municipal da Deputación, como os Fondos do Plan E, poderían ser os cauces para financiar esta reforma, comentaron os socialistas.

 

“De nada vale otorgar espacios ás Asociacións se logo se as deixa literalmente tiradas á hora de manter o edificio”, criticaron os socialistas, que esixiron unha inmediata reforma.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera