15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE esixe ó goberno local a urxente,

Actualidade

O PSOE esixe ó goberno local a urxente, contratación do médico do Centro de Drogodependencia do Porriño.

O Grupo Socialista do Porriño esixíu hoxe, a través da súa vice-voceira e coordinadora de políticas sectoriais, Maria Josefa Sío, a inmediata contratación do médico de atención do Centro de Drogodependencia do Porriño, praza vacante dende o remate do contrato do último facultativo, e criticou a deixadez do BNG neste tema..

 

10/11/2009

 

A concelleira socialista Maria Josefa Sío expresou na mañá de hoxe a preocupación do seu grupo pola dilación inxustificada da contratación do médico do Centro de Drogodependencia do Porriño, praza que se atopa vacante dende o remate do contrato do anterior facultativo que a ocupaba.

 

Para Josefa Sío, este servicio é de vital importancia para o centro, do que fan uso moitas persoas que pasan diariamente polo centro para tratar as súas problemáticas, o que fai incomprensible o retraso na contratación deste persoal.

 

Os socialistas foron especialmente críticos coa xestión municipal desta área, na que destacaron que só as denuncias do PSOE levaron ó goberno á mellorar as instalacións do centro que se atopaban nun lamentable estado ata fai pouco, pero lamentan a escasa importancia e atención que o BNG lle concede a esta área.

 

Moción Socialista

 

A Concelleira socialista informou que o seu grupo presentará no pleno extraordinario de este xoves, unha moción para urxir ó goberno a pronta contratación do médico para o Centro de Drogodependencia.

 

“Queremos que canto antes o goberno faga os trámites necesarios para contratar este médico para que poida dar o servizo adecuado ós usuarios no centro de drogodependencia”

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera