15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE presenta unha proposta de i

Actualidade

O PSdeG-PSOE presenta unha proposta de inversión de 1,8 millóns de euros ó goberno local para facer fronte ó Plan de Inversión Local de 2010

O Grupo Socialista do Porriño, que está a manter diferentes reunión con vários colectivos veciñais e parroquiais, presentará unha proposta de obras ó goberno para facer fronte os 1,85 millóns de euros que lle corresponden a Porriño no ano 2010.

 

02/11/2009

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, anunciou hoxe que o PSdeG-PSOE presentará o vindeiro xoves, no transcurso do pleno ordinario, unha moción na que recoller diferentes obras de inversión que consensuou con varios dos colectectivos máis representativos das parroquias e do casco urbán, para facer fronte á inversión que lle corresponde a Porriño no 2010 con cargo ó Fondo Estatal de Inversión Local. Os socialistas, afirmaron que as obras consensuadas cos colectivos teñen como obxectivo, dentro dos diferentes tipos de obra que permite no 2010 o Plan E, facer fronte a necesidades de Porriño a través da participación dos colectivos sociais.

“ No 2009, o noso grupo xa pediu ó goberno que tivese en conta a participación da Corporación na elección e tramitación das obras concedicas con cargo a este Fondo, e este ano, dando un paso máis, consensuamos cos colectivos sociais porriñeses, as obras que máis interese tiñan para eles, conxugándoo coas necesidades que ten O Porriño. Entendemos que este debe ser o cauce normal para a elección das obras”

Dentro do Plan E 2010, permítense obras de sostenibilidade económica, medioambiental e de carácter socio-educativo, sanitario, cultural e deportivo. Os socialistas, afirmaron que a súa proposta non é pechada, e que polo tanto, están dispostos a escoitar ó goberno e ó resto dos grupos, para consensuar as obras do fondo. “A nosa única condición, afirmou Vaqueiro, é que se respeten as demandas das parroquias e dos colectivos e se faga como mínimo unha obra por paroquia”.

Entre as obras máis destacables, os socialistas, incluiron, entre outras, melloras nos colexios públicos de Porriño, a reforma das antigas Escolas de Carracido e Atios, a mellora das redes de saneamento das parroquias, un plan de mellora de eficiencia enerxética do alumeado público e varias melloras no polígono de As Gándaras. Ademáis, inclúen obras de eliminación de barreiras arquitectónicas e parques infantís en varias parroquias e nos colexios, así como a mellora de varias infraestructuras deportivas como a ampliación e peche do Polideportivo do Colexio Fernández López.

Wi-fi no casco urbán e Wi-Max nas parroquias

Os socialistas queren dar especial importancia ó fomento das novas tecnoloxías, que se atopan entre as liñas de inversion permitidas polo Plan E, incluido tamén na proposta de inversión a creación dunha Rede Wi-Fi gratuita no casco urbán e un proxecto piloto de redes wi-max nas parroquias.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera