15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O Presidente da Confederación Hidrográfi

Actualidade

O Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, visita co Deputado Luis Piña e co Grupo Municipal do PSdeG-PSOE do Porriño a ribeira do río Louro

O PSdeG-PSOE informou hoxe da visita realizada polo Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Liñares, e do deputado estatal e Secretario de Organización Provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra, Luis Gómez Piña, ás ribeiras do río Louro ó seu paso polo centro urbán do Porriño para coñecer o seu estado de primeira man. .

 

29/10/2009

 

Acompañados polos membros do Grupo Municipal Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, Josefa Sío e Fernando Rodríguez, e polo deputado Luis Gómez Piña, que xa visitara recentemente o paseo do Louro, o Presidente da Confederación Hidrográfica pudo contemplar o estado do río Louro e debatir co grupo socialista diversos temas referentes ó mesmo e á labor da Confederación no Concello do Porriño.


 

Os socialistas do Porriño consideraron moi positiva a visita do Presidente da Confederación, e en palabras do seu Voceiro Municipal, Iván Vaqueiro, “ esta visita abre unha importante liña de colaboración entre O Porriño e a Confederación Hidrográfica cuio fruto se verá nos vindeiros meses. Trasladamos ó presidente da Confederación a importancia capital que ten para o noso Concello a ribeira so Louro como pulmón verde do casco urbán e esperamos que tanto a Confederación como o goberno de España teñan en conta as especiais circunstancias do río Louro e do Concello do Porriño que como Concello industrial necesita mimar e potenciar as súas zonas naturais para uso e disfrute dos seus cidadáns, especialmente os do casco urbán e os de Torneiros”


 

O Deputado Luis Gómez Piña valorou tamén a visita de Francisco Liñares a Porriño como a senda correcta para iniciar maiores colaboracións que redunden no beneficio dos veciños e veciñas do Porriño.


 Segundo Francisco Liñares: “ A potencia industrial do Porriño, que beneficia laboralmente a moitos concellos das comarcas limítrofes, debe ter como contrapartida un maior respeto polas súas zonas natururais, e a labor feita no pasado polos gobernos do PSOE, permitiu iniciar o seu saneamento integral nos anos 90, que rematará coa posta en marcha da EDAR de Guillarei nos vindeiros meses, o que facilitará o saneamento integral do río Louro.”

Como conclusión, o voceiro socialista Iván Vaqueiro, afirmou que o seu grupo asumiu no último pleno da Corporación, o compromiso de trasladar as inquedanzas dos grupos á Confederación Hidrográfica, e “con esta visita, damos fe dese compromiso para tratar de potenciar e mellorar o noso río e a súa ribeira” 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera