15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE porriñés esixe ao goberno local t

Actualidade

O PSOE porriñés esixe ao goberno local transparencia e participación de grupos e colectivos na reforma do PXOM

O Grupo Socialista do Porriño, informou por medio do seu Vice-Secretario Xeral e membro da Comisión de Urbanismo do Concello do Porriño, Fernando Rodríguez, que o PSOE esixe ó BNG, transparencia e participación da cidadanía para a reforma do PXOM

 

22/10/2009

 

O Vice-Secretario Xeral e membro da comisión de Urbanismo do Concello do Porriño, Fernando Rodríguez, informou que o PSOE esixirá ó BNG transparencia, información e participación da cidadanía na reforma do PXOM que o concello ben de adxudicar a unha empresa para a súa redacción.

Rodríguez afirmou que o PSOE non etende o por qué da urxencia de reformar o PXOM sen debate cidadán, e animou ó goberno local a abrirse á cidadanía do Porriño para explicar os obxectivos reais da reforma do PXOM.

Para Rodríguez, logo de 7 anos de vixencia do actual PXOM, aprobado polo PP, é o momento de facer un balance e propoñer obxectivos de futuro, así como introducir aspectos de planificación medioambientais e sociais.

 

“Queremos un debate aberto entre os grupos e os porriñeses e porriñesas que fai 7 anos non puideron ter a oportunidade de opinar sobre o urbanismo que queremos entre todos e todas”

 

Os socialistas, que xa foron críticos co prego de condicións técnicas para a adxudicación do PXOM, á que tan só se presentou unha empresa, por non establecer claramente o alcance da reforma, esixen que se explique claramente cales son os obxectivos da reforma do plan xeral, que segundo os socialistas, deben ser explicados ante a cidadanía.

 

“Queremos claramente que se introduzcan criterios de desenvolvemento sostible e de máis zonas verdes, e se corrixan os desquilibrios que o PXOM actual inda pode producir. Non aceptaremos unha reforma que implique seguir xenerando alturas e formigón sen zonas verdes. Para elo, o estudio económico-financieiro do PXOM debe incluir os aproveitamentos cos que o Concello contará.·

 

Rodriguez puxo como exemplo de mala xestión urbanística, a recalificacón que o BNG propuxo coa empresa Rojo de Jove SL na parroquia de Cans, que foi aprobada en pleno co voto en contra do PSOE, e que a Xunta de Galicia tumbou fai un par de meses ó considerar que non cumplia cos principios da lexislación urbanística vixente. “O caso de Rojo de Jove exemplifica que ese non é o camiño. Non apoiaremos recalificacións deste estilo, e esixiremos ó goberno un PXOM transparente e participativo para que o PSOE se sume a este proceso. Así llo faremos saber ó BNG e ó resto dos partidos da corporación”.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera