15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Vaqueiro pide a Pedro Pereira que sume

Actualidade

Vaqueiro pide a Pedro Pereira que sume esforzos e non abra frentes contra a comunidade empresarial

O Voceiro socialista valorou hoxe o cruce de declaracións entre o concelleiro de Vías e Obras Pedro Pereira, e a Asociación de Empresarios de As Gándaras

 

10/10/2009

 

    O PSdeG-PSOE valorou hoxe a través do seu voceiro no Concello de Porriño, Iván Vaqueiro, as declaracións do concelleiro de Servicios, Vías e Obras en relación ó Parque Empresarial de As Gándaras e a Asociación de Empresarios que representa o tecido productivo asentado no mesmo.

    Segundo o voceiro socialista, as declaracións do edil de Obras, Pedro Pereira, “son desafortunadas, porque o mantemento dos polígono de As Gándaras é responsabilidade municipal. A diferencia dos anteriores anos, dende o 2008 o Concello dispón dunha partida de 40.000 euros para o mantemento de As Gándaras que descoñecemos, á vista do polígono, se se executaron o ano pasado e neste ano. Tanto as zonas verdes como as infraestructuras son de titularidade municipal dende o recepcionamento do polígono de As Gándaras, así como as parcelas que gañou o Concello, e polo tanto, o seu mantemento é municipal”.

    Vaqueiro valorou moi positivamente que o Concello acadase unha subvención para a mellora do acceso sur do Polígono, pero sinala que iso non é  suficiente. Máis de 1,2 millóns de euros de Xunta e Fenosa non se invirten na actualidade no polígono porque o Concello non cumpre o convenio asinado en 2008 que ten por obxecto o soterramento do tendido eléctrico do parque. Por outra parte, os socialistas sinalan que, segundo os orzamentos vixentes, o Concello recauda tributariamente máis de 1.600.000 euros, que corresponden en boa parte as empresas de As Gándaras e outras zonas empresariais do municipio. En consecuencia, correspóndelle ó Concello cumprir coa súa función como administración. “Se unha zona recreativa de As Gándaras estaba en mal estado era responsabilidade municipal arranxala. Que a Asociación de Empresarios rehabilitara a zona debido a que o Concello non o facía non debe ser motivo de discordia coa organización empresarial, senon que se debe tomar nota do erro e seguir traballando”.

    “O PSdeG estaría a favor de que se asinara un convenio –afirma Vaqueiro- como o que eu propuxen cando estabamos no goberno local, para que sexa a asociación de empresarios a que xestione, na súa totalidade ou en parte segundo o criterio do goberno local, a partida municipal de mantemento de As Gándaras. Así o fixemos no seu día en Educación, onde existen experiencias exitosas no Concello, como o sistema de autoxestión educativa dos centros educativos, polo que somos partidarios de extender dita práctica en Industria. Con todo, Pereira debe ter claro que a titularidade sempre debe ser municipal, porque estamos a falar de bens públicos que son propiedade do pobo de Porriño”.

    Os socialistas consideran que Pereira debe ter unha actitude máis constructiva, de diálogo permanente, coa Asociación de Empresarios de As Gándaras para conquerir entre todos un parque Empresarial cada vez mellor. Vaqueiro rematou lembrándolle a Pereira que o recepcionamento do polígono de As Gándaras, que o PSOE apoiou no seu momento dende o goberno local, lle supuxo ó Concello un aumento de patrimonio en parcelas e 100.000 euros que o SEPES lle entregou ó Concello para facer melloras. Se non fora por iso, hoxe non poderíamos ter, por exemplo, o parque comarcal de Bombeiros no noso municipio e as tres parcelas dotacionais das que dispón o Concello no polígono. O líder do PSOE de Porriño, Iván Vaqueiro, lamentou que o concelleiro non pensase nas necesarias melloras do polígono das que fala cando se fixeron as obras do Plan E, que terá continuidade en 2010. “Debemos pedir todas as axudas posibles para manter os nosos polígonos, como por exemplo as que acaba de resolver a Consellería de Economía e Industria, nas que descoñecemos se o Concello conqueriu algunha axuda para mellorar as infraestructuras municipais da área industrial do municipio”.

    Como conclusión os socialistas afirmaron que, neste tema, o concelleiro Pedro Pereira, por responsabilidade, non debe optar por intentar crear, artificialmente, un innecesario nivel de tensión no ámbito dos axentes sociais, que como o conxunto da cidadanía só queren que o goberno local asuma e desempeñe, de modo eficaz, as competencias municipais.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera