15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE pedirá aumentar a partida a

Actualidade

O PSdeG-PSOE pedirá aumentar a partida adicada ó mantemento dos centros escolares e ó sistema de autoxestión

O PSOE esixe ó Presidente da Entidade de Chenlo que se opoña á Xunta ou traizoará ós veciños de Chenlo

 

29/09/2009

 

O Grupo Socialista do Porriño, anunciou hoxe que presentará ó goberno unha iniciativa encamiñada a aumentar a dotación orzamentaria adicada ó mentemento dos Colexios Públicos do Porriño, dado que a partida que se utiliza estase a quedar pequena para realizar o mantemento enmoitos centros

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, anunciou hoxe que solicitará no pleno que se celebrará este xoves, que o  goberno aumente a dotación orzamentaria adicada ó mantemento dos colexios públicos no presente curso educativo, coñecido como o sistema de autoxestión educativa do mantemento

 

O sistema de autoxestión, impulsado durante a época de goberno do PSOE, que funciona dende o ano 2005, permite ós centros escolares dispoñer dun tanto por cento do orzamento municipal adicado ó mantemento, que é xestionado polos propios consellos escolares dos centros educativos, para facer fronte ás necesidades de mantemento dos centros.

 

Vaqueiro manifestou que a partida que se deseñara no 2005 é claramente xa insuficiente para facer fronte ó mantemento dos centros públicos, polo que entendemos que o goberno debe elevar esta partida para que os centros poidan dispoñer dunha maior porcentaxe de financiación.

 

O PSOE esixe ó Presidente da Entidade de Chenlo que se opoña á Xunta ou traizoará ós veciños de Chenlo


 

O voceiro socialista informou tamén que o seu grupo presentou xa unha moción por rexistro para tratar a decisión da Xunta de pechar o Centro de Educación Infantil de Chenlo, algo que os socialistas non comparten por contribuir á merma de cercanía e calidade educativa porriñesa.

Os socialista argumentan que os veciños de Chenlo perden un servicio educativo e os nenos e nenas de Chenlo, perden a posibilidade de comezar a súa socialización cerca do seu médio vital. “Esiximos ó Presidente da Entidade Menor de Chenlo, que se opoña á decisión da Xunta de Galicia de pechar o Colexio de Chenlo, ou traizoará a confianza dos veciños de Chenlo. O PP escóndese ante as necesidades dos nenos e nenas de Chenlo” 


 Chenlo, contrariamente ó que pasa nalgunha outra parroquia, é unha entidade que medra a súa poboación, e pólo tanto, o crecemento poboacional pode facer necesario a corto prazo, o mantemento do Colexio de Chenlo. Na actualidade, se esa medida se pon en marcha, os nenos de Chenlo terán que ir ó CEI de Mosende, que é o máis cercano. Como opción B, afirmou o Voceiro Municipal socialista do Porriño, os socialistas solicitarán que o centro poida ser a sede de unha Gardería Infantil que de servizo ás parroquias de Mosende, Chenlo e Pontellas. 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera