20 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Grupo Municipal Socialista / Membros do G.M. Socialista / Nicolás Iván Vaqueiro Gradín

Membros do G.M. Socialista

Nicolás Iván Vaqueiro Gradín

Concelleiro do Grupo Municipal Socialista no Concello do Porriño.

 

Iván Vaqueiro ten 35 anos e é Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, na que realizou os seus estudos de Doutoramento. É ademais Máster en Dereito Urbanístico e Medioambiental pola Universidade de Vigo. 


Iniciou a súa carreira política en 1998 cando entrou a formar parte da Executiva Local do PSdeG como Sº de Organización Local. No ano 2000, fundou as Xuventudes Socialistas do Porriño (XSG), das que formaría parte ademáis de ser membro da executiva local do PSdeG-PSOE.


Foi candidato polo Partido dos Socialistas do Porriño nas eleccións municipais de Maio do 2003, do 2007 e do 2011. Nas eleccións Xerais do 2004, foi Nº 3 por Pontevedra na candidatura do PSOE ó Senado; candidatura que repetiu no ano 2008, sendo Nº 2. Participou tamén como candidato suplente polo PSdeG-PSOE nas eleccións autonómicas 2005. Foi membro do Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE dende o 2004 ó 2008 e volveu a selo no 2012. No 2008 entrou a formar parte da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE no Congreso de Santiago de Compostela.

 

Foi Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de O Porriño, xestionando as áreas de Economía, Facenda, Industria, Comercio, Educación e Participación Cidadá dende o 2003 ó 2007 . Foi, ademáis, membro dende o 2003 ó 2007 da Comisión de Facenda da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, entidade da que dende o ano 2003 forma parte.

 

Dende o 2008 ó 2012, foi tamén Secretario Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera