15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Iván Vaqueiro: “Valoramos moi positivam

Actualidade

Iván Vaqueiro: “Valoramos moi positivamente a oferta de Antón Louro de estudiar o enlace de acceso á autovia en Torneiros.”

O Delegado de Goberno en Galicia, Antón Louro, visita en compañía do Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, e do Alcalde do Porriño, as obras do Plan E no Porriño e o Cuartel da Guardia Civil en Torneiros

 

04/09/2009

 

O PSdeG-PSOE, valorou hoxe, por medio do seu Voceiro, Iván Vaqueiro,  de xeito moi poritivo as declaracións relaizadas polo Delegado de Goberno en Galicia, Antón Louro Goyanes que esta mañá visitou O Porriño con motivo de comprobar o avance das Obras do Plan E en Porriño e para visitar o Cuartel da Guardia Civil do Porriño, que verá incrementadas as súas instalacións coa sede do novo edificio de Tráfico.

 

Durante a visita, o delegado mantivo un breve encontro co Alcalde do Porriño e co Portavoz do PSdeG-PSOE, Iván Vaqueiro, ós que lle trasladou a súa enteira disponibilidade para atender ás peticións que dende a Corporación se puidesen facer ó goberno de España. En concreto, tanto o voceiro do Grupo Socialista, como o Alcalde do Porriño, lle solicitaron que estudie o acceso á autovía Vigo-Tuy ó seu paso pola parroquia de Torneiros, pois existe un acceso á Autopista, pero non á Autovía. O Delegado instou ós socialistas, que no ano 2006 xa solicitaran ó goberno o estudio desta actuación, e ó Alcalde a que presenten unha proposta de acordo na Corporación que sexa consensuada, para trasladala logo á Delegación de Goberno e ás institucións competentes.

 

O Voceiro Socialista destacou o compromiso do Delegado de Goberno con Porriño e a inversión dos 3 millóns de euros do goberno do estado no Porriño. “Son 11 actuacións que melloran considerablemente a calidade dos veciños e veciñas do Porriño”

 

Durante a reunión, tamén se abordou o tema do tren de alta velocidade Vigo-Oporto o seu paso por Porriño, e outras actuacións de interese municipal. Ó termo da reunión, o delegado acompañado do Voceiro socialista,  Iván Vaqueiro e do Alcalde, visitaron unha das obras do Plan E na rúa Manuel Rodríguez.

 

Novas dependencias de Tráfico

 

Por outro lado, o grupo socialista valorou positivamente as obras das novas dependencias de Trafico que se ubicarán en Tornieros a carón do actual cuartel da Guardia Civil. “Esta obra consolida a calidade dos servicios dos corpos e forzas de seguridade do estado no Porriño, o que nos congratula a nós e a poboación do Porriño”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera