13 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Comisión Executiva Local / Vida Orgánica / Reunión Ordinaria da Executiva Local do

Vida Orgánica

Reunión Ordinaria da Executiva Local do PSdeG e Asamblea Extraordinaria do PSdeG-PSOE

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE celebra este venres día 4, unha asamblea extraordinaria para debatir sobre o vindeiro Congreso Provincial do PSOE de Pontevedra.

 

31/08/2009

 

A comisión executiva local do PSdeG-PSOE do Porriño celebrará mañá día 1 de Setembro,  a súa primeira reunión ordinaria tras o período vacacional para retomar a súa actividade política no novo Curso Político da Corporación.

 

Os socialistas debatirán sobre a situación actual do Concello, e sobre o paquete de iniciativas que porán en marcha para dinamizar a actuación da Agrupación Local do PSdeG mediante a realización dun plan de formación e conferencias, así como a descentralización da súa actividade.

 

Por outro lado, a executiva aproveitou para informar ós seus afiliados e afiliadas a vindeira celebración dunha Asamblea Extraordinarian para debatir sobre o vindeiro Congreso Provincial de Pontevedra do PSdeG-PSOE, que se celebrará o vindeiro mes de Outubro.

 

A asamblea escollerá ós 2 delegados da Agrupación e debatirá sobre os estatutos da nova estructura provincial que xurdirá do congreso.

 

A asamblea servirá tamén para debatir sobre a actualidade municipal e dar conta do primeiro ano de xestión da nova executiva local do partido.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera