15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE esixe coñecer os critérios

Actualidade

O PSdeG-PSOE esixe coñecer os critérios cós que Marcos Rodríguez elaborou o listado de ambulantes ou pedirá a súa dimisión.

O PSdeG-PSOE, respondeu hoxe os ataque verquidos polo concelleiro de mercados do Porriño, Marcos Rodríguez, contra o PSdeG, logo da crítica realizada polos socialistas á expulsión de máis de 30 vendedores ambulantes (a maioría deles, senegaleses) que tiñan unha longa tradición de venta no Porriño, sen ningunha razón.

 

12/08/2009

 

O Secretario de Relacións Laborais do PSdeG-PSOE do Porriño, Orlando Márquez tachou de cortina de fume as declacións feitas por Marcos Rodríguez nas que insultaba ó voceiro socialista e anterior responsable de comercio, Iván Vaqueiro, como unha maneira de esconder a súa responsabilidade pola retirada inxustificada dos vendedores ambulantes expulsados polo xefe da Policía Local, Florencio Porto. “En vez de adicarse a mentir e a insultar, o señor Rodríguez Novas ten que explicar por qué expulsou a estes vendedores. Se non o fai, pediremos a súa dimisión no seguinte pleno por tomar a decisión de expulsar ós vendedores ambulantes sen ningún argumento legal. Temos datos de vendedores que levaban moitos máis anos que os que quedaron”

 

Marquez amosouse taxante ó lembrarlle ó actual edil de mercados, que o BNG votou en contra do Regulamento de Venta ambulante logo de apoialo inicialmente, por razóns descoñecidas ata hoxe, pois o regulamento recollía os criterios do Decreto de Comercio da Xunta de Galicia, e lle lembrou que en case tres anos que leva ó frente da súa área, foi incapaz de presentar un regulamento de venta ambulante, e tan só se adicou a poñer en marcha as liñas previstas por Iván Vaqueiro no Regulamento de Xestión Praza de Abastos. “Para coñecer a xestión do concelleiro Marcos, non temos máis que preguntarlle ás asociacións de comerciantes, ou de empresarios, ou ve-lo estado lamentable no que ten os polígonos industriais”

 

Orlando Márquez, informou tamén que o propio Marcos Rodríguez debería consultar as súas accións con algún membro do seu equipo de compañeiros, que en conversas cos representantes sindicais dos ambulantes, desautorizaron a nova lista de vendedores ambulantes realizada por Marcos e Florencio Porto. “Seguramente, afirman os socialistas- a Marcos Rodríguez xa lle deron dende o goberno un tirón de orellas político”

O responsable socialista rematou informando que o PSdeG non caerá na linguaxe ofensiva do concelleiro do BNG e o instou a dar a cara e explicar por qué expulsou a 30 vendedores ambulantes, a maioría senegaleses. “Mentres non explique o por qué, estará mentindo e ocultando os porriñeses as razóns desta decisión”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera