15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE esixe ó goberno local expl

Actualidade

O PSdeG-PSOE esixe ó goberno local explicacións por expulsar do mercadillo sen causa xustificada a mais de 30 vendedores ambulantes, a maioria deles, senegaleses.

Os socialistas critican a expulsión inxustificada de vendedores e esixen a aprobación do Regulamento de Venta Ambulante

 

05/08/2009

 

O PSdeG-PSOE, emitíu hoxe unha nota de protesta pola retirada de postos efectuada polo xefe da Policía Local, Florencio Porto e o Concelleiro de Mercados, Marcos Rodríguez a máis de 30 vendedores ambulantes (a maioría deles, senegaleses) que tiñan unha longa tradición de venta no Porriño, sen ningunha razón.

 

O Secretario de Relacións Laborais do PSdeG-PSOE do Porriño, Orlando Márquez comunicou hoxe que o PSdeG-PSOE, foi informado por representantes dos traballadores ambulantes, pertencentes ó sindicato CCOO, da situación, esixen a reunión inmediata da Xunta de Portavoces do Concello do Porriño para que o Alcalde e o Concelleiro de Mercados den explicacións dos criterios polos cales máis de 30 ambulantes, a maioría deles senegaleses, foron “literalmente expulsados sen explicación” .

 

Segundo informaron ós socialistas, os representantes dos traballadores, o xefe da policía local elaborou unha lista de traballares que tiñan permiso, e os que non, segundo eles, “totalmente arbitraria e que non respetaba a antigüedade”.

“Como partido dos traballadores – afirmaron os socialistas- non imos tolerar este tipo de prácticas arbitrarias e esiximos de maneira inmediata a devolución ós seus postos de traballo dos vendedores expulsados sen razón algunha, e que se nos den canto antes as explicacións desta conducta”

 

A necesidade de aprobar o Regulamento de Venta Ambulante.

 

Orlando Márquez, lembrou que fai 3 anos, cando o PSdeG exercía as labores de goberno e xestionaba a área de Comercio e Mercados, quixo aprobar un regulamento de venta ambulante que PP e BNG frenaron.

 

 “Este tipo de prácticas arbitrarias – afirmou o socialista- era as que queríamos evitar aprobando o regulamento de venta ambulante. Creemos que é máis necesario que nunca aprobar este Regulamento de venta ambulante non só para dar cumprimento ó decreto de comercio da Xunta de Galicia, senon para evitar todo tipo de arbitrariedades”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera