15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O deputado socialista Luis Piña defender

Actualidade

O deputado socialista Luis Piña defenderá en Madrid un pacto para impulsar o parque do Louro, en O Porriño

Luis Piña, xunto a IvánVaqueiro e Fernando Rodríguez, visitou o paseo do río Louro e comprobou a necesidade de mellorar o seu coidado e impulsar unha obra que o PSdeG-PSOE do municipio entende 'como prioritaria'.

 

27/07/2009

 

O Grupo Socialista do Porriño reuniuse o xoves pola tarde co deputado Luis Piña para tratar diversos temas de interese xeral que afectan ao municipio de O Porriño, entre os que destacou o paseo do Louro, as infraestruturas de comunicación, o estado dos parques empresariais, os colectores de saneamento pendentes ou o proxecto de rexeneración de As Gándaras de Budiño.

 

Así, Piña visitou o paseo do río Louro e comprobou a necesidade de mellorar o seu coidado e impulsar unha obra que o PSdeG-PSOE do municipio entende "como prioritaria" porque "un concello con tanto peso industrial debe pensar, nestes intres, nos seus cidadáns e na súa calidade de vida".

 

O voceiro municipal socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, aproveitou a visita do deputado socialista para ratificar que o goberno local "tan só conta coa financiación que o PSOE aprobou para os Concellos, porque o goberno local está a paralizar proxectos estratéxicos como o do Parque do Louro por falta de financiación". Vaqueiro engadiu que "nos atopamos ante un goberno sen iniciativa, interino, que por falta de xestión é incapaz de conseguir fondos de ningunha outra entidade, un goberno incapaz, en pleno mes de xullo, nin de presentar uns orzamentos".

 

Vaqueiro manifestou que o seu partido dixo ao alcalde nacionalista, Raúl Francés, "que estábamos dispostos a vender patrimonio municipal para impulsar proxectos estratéxicos como o do Parque do Louro e se negou. Hoxe anuncio novamente ese ofrecemento, que lle farei chegar por escrito". O voceiro municipal informou tamén que os socialistas iniciarán contactos con tódolos grupos políticos do Porriño, Ministerio, Confederación Hidrográfica e demais institucións para conseguir o financiamento total para un gran Parque público á beira do Louro, "para gozo dos cidadáns, poder cruzar o río con pontes, para que os veciños de Torneiros poidan ir andando ata Porriño. Iso é o que pide todo Porriño, e non podemos paralo".

 

Piña repasou aínda a utilización dos fondos do Plan E neste municipio e que supuxeron unha inversión total de 2,9 millóns de euros "grazas ó que poden acometer obras en todo o casco urbano e nas parroquias do Porriño. Iso demostra que os socialistas traballamos para o interese xeral, non para o partidista".

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera