15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / A Corporación aproba a moción socialista

Actualidade

A Corporación aproba a moción socialista para retomar o Regulamento de Taxis e crear novas paradas de taxi no municipio

O voceiro socialista Iván Vaqueiro, agradeceu ós grupos o apoio á moción que considerou de moito interese para a cidadanía.

 

26/06/2009

 

O PSOE do Porriño agradeceu hoxe o apoio dos partidos da Corporación á moción presentada polo grupo socialista que permitirá retomar as negociacións para aprobar o novo Regulamento de Taxis de Porriño.

O voceiro socialista explicou que se trata de regularizar unha situación que o propio sector demanda, para poder, entre outros aspectos, poder incorporar o taxímetro, aspecto este de máximo interese para os cidadáns.

Ademais, Vaqueiro valorou de xeito moi positivo, que o sector esté en disposición de negociar a creación de novas paradas no municipio. A nosa proposta, afirmou Vaqueiro, é a de crear novas paradas en Torneiros, A Granxa e no Centro de Saúde, pero pensamos que esto ten que plasmarse na negociación co sector.

Vaqueiro espera que a Concelleira responsable, Obdulia Díniz, convoque nos próximos días como afirmou onte no pleno, ós grupos para retomar as negociacións, e agradeceu a súa sensibilidade para retomar esta negociación.

 

TRASLADO DO MERCADILLO A SAN BENITO E REFORMA DO PXOM

Vaqueiro aproveitou a ocasión para felicitarse por que finalmente, o goberno local fixese caso da súa proposta cando era concelleiro de Industria, Comercio e Turismo no anterior goberno local, e trasladase o mercadillo ó barrio de San Benito.

“No seu momento – lembrou Vaqueiro- en pleno debate sobre as comunicacións e a humanización do centro, propuxen a Francés trasladar o mercadillo a San Benito para revitalizar o barrio e mellorar o tránsito viario na rúa do Cando. Naquel intre, criticouse duramente a miña proposta, pero se ve que non existía outra opción.“

Vaqueiro felicitouse de que o actual alcalde en funcións, Pedro Pereira, tomase esta decisión, e pediulle que aproveitase o traslado do mercadillo para adecentar a zona, agora que se eliminaron as bancadas, para poder asumir o servicio de mercadillos en boas condicións. Segundo os socialistas esta medida pode axudar a revitalizar un barrio que nos últimos anos, estaba esmorecendo por mor da planificación prevista no PXOM.

Vaqueiro afirmou que o goberno local debe estudiar a reforma da edificabilidade do barrio de San Benito para permitir que volvan a poder facerse baixos comerciais que axuden a potenciar a zona, e rematen coa marxinación urbanística que o PXOM creou neste barrio.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera