15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE pide tres novas paradas de taxi,

Actualidade

O PSOE pide tres novas paradas de taxi, en Torneiros, no Polígono de A Granxa e no Centro de Saude e que os taxistas poidan instalar o taxímetro.

Grupo Municipal Socialista do Porriño, informou hoxe por medio do Voceiro Municipal, que solicticará ó goberno local que inicie os contactos coa Asociación de Taxistas do Porriño para crear novas paradas de taxi que den máis servizo e para desbloquear a negociación da Ordenanza de Taxis que permita ós taxistas poder instalar os taxímetros nos vehículos.

 

03/06/2009

 


O Voceiro Municipal Socialista, Iván Vaqueiro pediu hoxe ó goberno que se poña as pilas nos temas de mellora da mobilidade no Concello. O Voceiro socialista anunciou que o seu grupo pedirá no vindeiro pleno tres novas paradas de taxis no Porriño, unha na parroquia de Torneiros, outra diante do Centro de Servicios do Polígono de A Granxa e outra a carón do Centro de saude de Porriño, situacións que os socialistas consideran estratéxicas para os veciños e veciñas que necesitan ese servizo.

O PSdeG-PSOE, presentará esta moción dentro dunha serie de medidas que teñen como obxectivo dar cumprimento ás demandas do sector dos taxistas do Porriño, e que estas se poidan plasmar na Ordenanza Municipal de Taxistas, que naceu como proposta dos taxistas e que leva parada dende o ano 2007 a pesar de que xa o PSdeG no ano 2008 pediu  á concelleira Obdulia Díniz que se reunise co sector, e retomara  a idea.

Os socialistas, pensan que é necesario desconcentrar o servizo de taxis, agora ubicado na rúa Estación, e crear novas paradas de taxi, consensuadas coa Asociación de Taxistas, entre as cales do Grupo Socialista identificou tres situacións que caracteriozou de moi importantes: o Polígono de A Granxa, o Centro de Saude e a zona urbana de Torneiros.

Segundo o PSdeG, que contrastou esta proposta noutros concellos, é sinxelo, a través da Asociación Provincial de Taxistas, a posta en marcha dun servizo de Radio Taxi como xa existe en cidades como Vilagarcía.

Taxímetro

Outra das demandas dos taxistas é a necesaria aprobación da Ordenanza de Taxis para poder regular a implantación  dos taxímetros nos taxis. Na actualidade, os taxis do Porriño non teñen implantado este sistema de medida do coste dos servizos. Algo que segundo os socialistas, é unha necesidade urxente que garante ós clientes a transparencia no prezo. Por elo instan ó goberno a retomar o diálogo coa Asociación de Taxistas do Porriño.



 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera