15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE critica a mala planificació

Actualidade

O PSdeG-PSOE critica a mala planificación da obra de humanización e a desaparición de prazas de aparcamento da rúa Antonio Palacios

O Grupo Socialista do Porriño esixiu hoxe ó concelleiro de obras e urbanismo, Pedro Pereira, que arranxe os problemas que está a xenerar a falla de planificación da obra de humanización da rúa Antonio Palacios

 

11/05/2009

 

O Vice-Secretario Xeral do PSdeG-PSOE e membro da comisión de urbanismo, vías e obras do Concello do Porriño, Fernando Rodríguez, pediu hoxe ó goberno local que planifique mellor as obras que realiza no Concello, en concreto, as obras de humanización da rúa Antonio Palacios. Rodriguez quixo deixar claro que o PSOE non se opón a esta obra, pero sí que a forma en que se planificou e se está a executar é preocupante.

 
A rúa Antonio Palacios segue a ser unha das principais arterias de comunicación viaria do Porriño, soportando un nivel de tráfico moi intenso, e este é un feito que hai que ter moi presente nestas obras que se estan a levar a cabo. “Unha vez máis, vemos como o goberno parece empeñado en rematar coas prazas de aparcamento público. Parece que quixeran favorecer ó parking privado” Os socialistas criticaron a desaparición de prazas públicas de aparcamento e afirmaron que “unha cousa é peatonalizar o centro, pero nunha rúa de tanta amplitude, non ten sentido eliminar tantas plazas de aparcamento. Ós traballadores e traballadoras que non teñen prazas de garaxe privado non llas vai pagar o BNG, dende logo.”

 
Erros constructivos graves
 
Os socialistas criticaron ó concelleiro de obras, que coma sempre, non conte coa opinión de ninguén, e lle pediron que pregunte ós técnicos antes de facer as obras, aludindo a varios erros constuctivos que a xuizo dos socialistas deberían ser enmendados antes de que a obra remate..

 
En concreto, Rodríguez referiuse á entrada da rúa Codesal, que se ve realmente entorpecida pola amplitude das novas beirarrúas. A humanización favorece a seguridade dos peóns, pero iso non pode ir en detrimento da seguridade vial.

 
O concelleiro socialista citou ademáis varios erros na evacuación das augas pluviais, afirmando que “son varios os veciños da zona que nos teñen advertido da mala planificación da saidas de augas das novas beirarrúas, que se atopan realizadas en sentido contrario, co que cando chova, xeneraránse bolsas de auga en vez de contribuir á saida das mesmas, e que xa provocaron asulagamentos nalgunhas casas.”

 
Rodríguez pediu a Pereira que tome nota destes erros e os corrixa antes de que sexa tarde, e lle lembrou que “non pode volver a pasar o desastre de planificación da Avenida de Galicia onde apenas colle un vehículo e onde non se deixaron desagües, e cada inverno pacer que temos que coller barcas para cruzar a rúa.”

 
Rodríguez rematou dicindo que pedirán ó goberno que cree unha comisión municipal de seguimento de obras municipais para que os grupos poidamos coñecer os proxectos de obras que o BNG esconde.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera