15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / A Corporación aproba a moción socialista

Actualidade

A Corporación aproba a moción socialista para crear unha comisión de estudio da Iª Estrategia Local de Sostenibilidade do Porriño

O Grupo Socialista do Porriño, que presentará ó goberno as súas propostas, agradeceu ós grupos da Corporación a aprobación da proposta socialista para a constitución dunha Comisión Especial da Corporación para a definición da Iª Estratexia Local de Sostenibilidade do Concello do Porriño.

 

04/05/2009

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, agradeceu hoxe públicamente ós grupos municipais de PP, CxP, IdeP e BNG a súa sensibilidade e o seu apoio á moción socialista para a constitución da primeira Comisión Informativa Especial da Corporación para a definición da Iª Estratexia Local de Sostenibilidade do Concello do Porriño.

Vaqueiro manifestou que “nos atopamos ante a oportunidade de que todos os grupos políticos do Porriño aportemos as nosas ideas no eido medioambiental e poidamos construir entre todos un Porriño mellor. Debemos facelo poñendo todos as doses de consenso necesario para dar a entender ós porriñeses e porriñesas que é posible que todos nos poñamos de acordo en temas que afectan a todo Porriño.”

 

 

Propostas dos Socialistas
 
O Voceiro Socialista adiantou que esta semana, presentará ó Alcalde un paquete de medidas que o grupo socialista quere propoñer, así como o representante legal do PSdeG-PSOE nesa comisión.

Temas como a eficiencia enerxética, a implantación dun sistema de xestión medioambiental, a creación dun sistema de indicadores de sostenibilidade, o control de ruidos e olores, a posta en marcha dunha Axenda Local 21, os contratos verdes, a recuperación ambiental das canteiras,  ou a posta en funcionamento da Axencia Local de Sostenibilidade do Porriño, serán algunhas das ideas que os socialistas plantexarán nun documento propio que presentarán ó goberno local.

A proposta do PSdeG-PSOE é que os traballos da Comisión Especial comecen coa posta en común das ideas e propostas de todos os grupos, para, máis adiante, plasmalos nun documento que sexa un plan estratéxico que oriente a acción do goberno no eido medioambiental cara o obxectivo da sostenibilidade.

Segundo os socialistas, Porriño, polo seu impacto industrial, debe vincular a súa acción medioambiental ós compromisos da Carta de Aälborg, que en España se plasma na rede de cidades sostibles e nas Estratexias española e galega de loita contra o cambio climático.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera