21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Iniciativas / Preguntas / PREGUNTAS POR ESCRITO DO GRUPO MUNICIPAL

Preguntas

PREGUNTAS POR ESCRITO DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA O PLENO DA CORPORACIÓN DO MES DE ABRIL

O Grupo Socialista pregunta ó goberno local polo Centro de Interpretación, a reforma do PXOM ou as obras do Plan Zapatero no Porriño.

 

30/04/2009

 

 

 

1.      Tendo coñecemento da intención do goberno local de adxudicar a reforma do PXOM, o noso grupo desexaría saber:

 

-          ¿Cales son os criterios para a reforma do PXOM?
-          ¿Por qué non se convocou a comisión de urbanismo para informar de esta intención, nin para a aprobación do prego de condicións?
-          ¿Cal é a razón de que estivese na xunta de contratación a arquitecta de Tomiño?

 

 

2.      Tendo coñecemento da apertura dun expediente por parte da Oficina de loita contra do Fraude da Unión Europea (OLAF) sobre o Centro de Interpretación da natureza de As Gándaras, queremos saber:

 

-          Se o Concello recibiu xa algún requerimento sobre o mesmo.
-          Cales son as responsabilidades do Concello con respecto ó Centro.
-          Se a Corporación 1999-2003 asumiu algunha responsabildade sobre a obra en cuestión (documento fin de obra, recepción por parte do anterior alcalde, etc…)
-          Cales son as medidas que pensa impulsar o goberno local para evitar a multa da UE.

 

 

3.      Desexaríamos saber o Gasto anual da Escola Municipal de Teatro no ano 2008. ¿Pode dicírnolo?

 

4.      ¿Cal foi o gasto das Festas do Cristo no ano 2008?

 

5.      Tendo coñecemento do remate do contrato de mantemento do Polígono de A Granxa dende o mes de Xaneiro, descoñecemos se xa se fixo unha nova adxudicación do mantemento do Polígono de A Granxa. ¿Foi así? Se non se adxudicou novamente ¿Cal é a razón deste retraso?

 

6.      No orzamento do ano 2008, se comprometía unha partida de gasto para o mantemento do Polígono de As Gándaras. Adxudicouse o seu mantemento con cargo a esta partida? ¿Qué actuacións se fixeron no 2009 con cargo a esa partida?

 

 

7.      ¿Cómo se atopa o grado de adjudicación das obras do Plan Zapatero no Porriño? ¿Pode detaiarnos o estado administrativo de cada unha de elas?

 

8.      ¿Cal é a razón de que as beirarrúas da obra de mellora de beirarráus da rúa Antonio Palacios teñan tanta amplitude que elimina aparcamentos? Esta obras pon en perigo o normal discurrir do tráfico ó tempo que elimina aparcamentos?

 

9.      ¿Qué entende o alcalde por abrir un debate sobre a ubicación do mercadillo?  ¿Van agora, logo de rexeitalo, a trasladar o mercadillo do Concello? ¿A onde?

 

10.  ¿En qué estado se atopa a negociación do convenio colectivo do persoal laboral e funcionarial do Concello do Porriño?

 

11.  ¿Cando licitará o concello a páxina web do Concello do Porriño logo de fechar a que xa estaba aberta?

 

12.  Temos coñecemento por parte da Intervención Municipal, á que solicitamos un informe, da perda dunha considerable cantidade de cartos da subvención de Drogodependencia nos ano 2007 e 2008. ¿Qué razóns existiron para eso? A vista do lamentable estado no que se atopa o centro. ¿Cal foi a razón para a devolución destes cartos?

 

13.  ¿Cal é o obxectivo da reforma do PXOM proposta polo goberno local? ¿Por qué esta decisión non foi comentada na Comisión Informativa de Urbanismo ou cando menos, na xunta de Portavoceiros?

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera