15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE pide ó goberno local que aumente

Actualidade

O PSOE pide ó goberno local que aumente a débeda financieira para pagar facturas pendentes ós acreedores do Concello

O Grupo Socialista do Porriño presentará ó vindeiro pleno unha iniciativa para que o Goberno Local utilice as medidas recollidas no recentemente publicado Real Decreto-ley 5/2009, de medidas extraordinarias para facilitar ás Entidades Locais o saneamento de débedas pendentes

 

29/04/2009

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, informou hoxe que o grupo socialista pedirá ó goberno local no vindeiro pleno, a posta en marcha das medidas recollidas no novo Real Decreto-ley 5/2009 aprobado polo goberno de España, e que permite ós Concellos aumentar a débeda financieira para facer fronte á dédeda que o Concello ten coas pequenas e medianas empresas ás que o Concello lle adeuda facturas sen abonar


O Grupo Socialista quere deste xeito, axilizar o pago das facturas pendentes pòlo Concello do Porriño, que segundo os cálculos socialistas, rondan os 2,5 millóns de euros. “Sabemos que as empresas o están pasando mal, e debemos axilizar os pagos canto antes. É por elo que entendemos esta situación extraordinaria como unha obriga  a tomar medidas urxentes para facer fronte a estos impagos por parte do Concello. Nos últimos anos, o Concello eliminou boa parte da débeda herdada, pero convén seguir axilizando o pago das mesmas

 

Axudar ás empresas a gañar liquidez e eliminar deudas

O Real Decreto-ley 5/2009 permite a cada entidade solicitar préstamos a devolver en 6 anos con ata dous anos de carencia, para o pago de facturas pendentes polas entidades locais, polo que segundo o PSOE, o Concello podería endebedarse para facer fronte a estes pagos.

Segundo o PSOE, Porriño debe avanzar cara a eliminación da débeda pendente en facturas e poder adaptarse á lei de contratos das administracións públicas, que esixen o pago a sesenta días, cousa que con se realiza na actualidade.

“Somos conscentes do esforzo que significa para as empresas traballar para entidades que logo tardan en pagar, polo que o Concello debe facer o posible por aliviar estas cargas económicas”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera