15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE quere que Porriño aposte pola inn

Actualidade

O PSOE quere que Porriño aposte pola innovación e pola educación gratuita en inglés para os mozos e mozas

O Grupo Socialista do Porriño presentará ó vindeiro pleno duas propostas para que o Concello subvencione con 200 euros a merca de equipos informáticos e pide a gratuidade de cursos de reforzo de inglés en horario extraescolar para os rapaces entre 10 e 13 anos dos CEIP do Porriño.

 

17/04/2009

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, informou hoxe que o PSOE de Porriño presentará dentro do paquete de medidas anunciado para activar a labor do goberno local, duas iniciativas encamiñadas a axudar ás familias de Porriño que desexen acceder ás novas tecnoloxías e a potenciar o coñecemento de inglés entre os escolares entre 10 e 13 anos do Concello do Porriño.

O Grupo Socialista solicitará ó pleno da Corporación, que o Concello adique unha cantidade non menor de 60.000 euros, para a concesión de axudas de 200 euros ás familias para a merca de equipos informáticos para o acceso ás novas tecnoloxías. Esta iniciativa socialista, persegue entre outras cousas, apoiar ás familais que nestes intres, ven con dificultade acceder ás novas tecnoloxías ó tempo que segundo o PSOE, persegue incentivar o consumo local na merca de equipos informáticos, algo necesrio nestes intres.

A proposta, anuncian os socialistas, será a primeira dunha serie de propostas que o PSOE bautizou cono Porriño Innova, que persegue a modernización da administración local do Porriño, que a día de hoxe, segundo o PSOE, “incriblemente, Porriño, inda non ten unha páxina web, logo de pechar a web que o Concello tiña na anterior lexislatura”. Temas como a administración local electrónica, ou a modernización de equipos informáticos do Concello serán outros temas que integrará este proxecto

Inglés gratuito para os nenos entre 10 e 13 anos.

A segunda iniciativa presentada polos socialistas, será a proposta de gratuidade dunha actividade extraescolar financiada polo Concello para os rapaces entre 10 e 13 anos, de ensino da língua inglesa.

A iniciativa, persegue que o Concello xestione coas ANPAS e cos CEIP do Porriño, a posta en marcha de un curso gratuito de inglés para os nenos de 10 a 13 anos, que permita ós rapaces, antes de acceder ó Bachillerato, chegar cun reforzo no coñecemento da lingua inglesa tan necesaria nos tempos actuais.

“Nos tempos nos que vivimos, o ensino de inglés ou da informática son máis necesarios que nunca para competir  nos novos tempos. O PSOE quere que Porriño se poña á cabeza en temas de innovación e ensino, e para elo, debemos ser sensibles coas familias de Porriño e axudar a que os futuros porriñeses e porriñesas estén preparados para competir no futuro. Temos medios para facelo, só fai falla vontade política”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera