15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE presentará un paquete de 10 moció

Actualidade

O PSOE presentará un paquete de 10 mocións urxentes e pedirá o regulamento da xunta de portavoces ante a parálise do goberno.

O Voceiro Socialista Iván Vaqueiro, iniciou os contactos cos grupos municipais da Corporación para trasladarlles a inquedanza do seu grupo ante o que consideran unha parálise da labor municipal e a súa vontade de incentivar dende a Corporación a labor do goberno cun paquete de medidas urxentes de interese social

 

14/04/2009

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, informou hoxe que o PSOE de Porriño presentará varias iniciativas no vindeiro pleno ordinario da Corporación para facer fronte á parálise que vive o goberno local.

 
“É incomprensible, afirmou Vaqueiro, que dende fai máis de un mes e medio, non se producira unha soa reunión das comisións informativas, nin plenos, nin xunta de portavoces nin sequera Xuntas de Goberno Local coa cantidade de temas que Porriño ten que resolver”

 
Os socialistas plantexarán na súa reunión semanal de traballo, un paquete de medidas que terán como obxectivo incentivar a labor do Goberno Local en tódolos ámbitos da vida municipal que presentarán os próximos días, e na que se recollerán as iniciativas de máis urxencia cidadá, entre as que adiantaron que se atoparán as propostas de xeneración de emprego, o aumento das partidas destinadas á políticas educativas, o recorte de gastos superfluos do Concello ou a estratexia municipal de sostenibilidade. Un paquete de medidas que segundo os socialistas, quere poñer a andar a actividade municipal.

 
“O Porriño non debe deterse nin un minuto nestes intres, e se o goberno se durme, terá que ser a Coporación a que o desperte”

 
Un Regulamento da Xunta de Portavoces que contemple unha Comisión de Peticións Cidadáns

 
O PSdeG anunciou tamén, por medio do seu voceiro, que presentará unha proposta de regulamento para que unha vez o mes cando menos, se reuna a Xunta de Portavoces para que os grupos poidan plantexar iniciativas plenarias, e dar máis actividade ás sesións plenarias, que se atopan dende fai moito tempo, valeiras de contido real.  Unha iniciativa que persigue dar máis participación cidadá ós plenos.

 
Por outro lado, o PSOE, estudia pedir que se xestione a través da Xunta de Portavoces unha Comisión de Peticións Cidadáns, para que os colectivos sociais poidan facer propostas que sexan debatidas pola Corporación se a Xunta de Portavoces as considera de interese.

 
Os socialistas estudian tamén pedir a celebración anual dun Debate sobre o Estado do Municipio, como xa existe en moitos Concellos, para poder tratar en profundidade a realidade municipal..

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera