15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE esixe ó BNG que recorte de gastos

Actualidade

O PSOE esixe ó BNG que recorte de gastos superfluos e critica a escasa inversión social, en educación e en emprego no que vai de lexislatura

Os socialistas que critican a parálise do goberno local, non entenden que se gaste máis en gastos prescindibles que no mantemento dos Colexios, no fomento do emprego ou no medio ambiente.

 

08/04/2009

 

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, plantexou hoxe a necesidade de que o goberno local revise as súas prioridades de gasto, recorte gastos superfluos e oriente e a súa labor de goberno cara as necesidade sociais dos porriñeses e porriñesas.

Segundo o PSOE, “o goberno local está a dar mostras de agotamento político cun gasto sen sentido social que só busca a nota de prensa e sen alcance social nun momento en que  cada euro denbe ser investido con sentidiño”.

Así, para o PSOE é incomprensible que se despilfarren fondos municipais mentres se conxela o gasto en educación, en fomento do emprego ou en gasto social, mentras se perden subvencións de outras entidades por mala xestión, cuestión esta de extrema gravidade.

O PSOE, que xestionou a área de educación dende o 2003 ó 2007, amosou a súa preocupación pola deixadez do goberno local na mellora das condicións das escolas do Concello. “O Alcalde de Porriño, responsable da área de educación, é coñecedor de que a Xunta de Galicia asumiu os fondos municipais para gasto en calefacción, que representaba unha parte importante do orzamento, e non foi quen de ampliar as partidas de apoio ó programa de autoxestión educativa ou de fomento de actividaes extraescolares de maneira significativa”

Vaqueiro criticou que tampouco o goberno local teña ningunha estratexia para acompañar as medidas dos gobernos centrais e autonómico para facer fronte ó desemprego, e afirmou que o PSOE traballará para presentar ó goberno un plan de medidas para mellorar a formación e o fomento do emprego tamén a nivel local.

O PSOE amosou así a súa contrariedade coa deriva de gasto do goberno local, afirmando que o goberno local se alonxa das necesidades sociais do municipio ó non destinar nin un euro dos fondos do Plan Zapatero a mellora dos colexios ou do medio ambiente. “Todas as obras son necesarias, pero existen prioridades- afirmou Vaqueiro- quen non dibidou en calificar a política de gasto do goberno de “alonxada das necesidades de Porriño“

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera