15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / María José Caride comprométese a impulsa

Actualidade

María José Caride comprométese a impulsar a autovia Vigo-Porriño e afirma que o PSdeG non permitirá a compra de terreos industriais que non se convirtan en 3 anos en proxectos empresariais.

O futuro das infraestructura, a xestión e mantemento dos parques empresariaiss e a aposta decidida polo transporte público foron os principais temas das conversas.

 

 A Consellería de Politica Territorial, Obras Públicas e Transportes, Maria Xosé Caride, acompañada pólos cantidatos socialistas da comarca, Enrique Cabaleiro e Luis Pina, así como pólo Sº Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño e e membro da comsión executiva nacional galega, Ivan Vaqueiro, mantiveron un almorzo de traballo no Porriño cunha nutrida representación de axentes económicos da comarca, na que se abordaron diversos temas de grande interese para o futuro desenvolvemento da zona sur de Pontevedra. Asociaións de Empresários de Mos e Porriño, Câmara de Tuy, sindicatos, Comerciantes e representantes de Centro Tecnolóxicos da zona non quixeron perder a oportunidade de escoitar o programa do PSOE e as propostas da Nº 2 do PSOE de Pontevedra.

Tras facer un balance da situación actual da economía galega,  o emprego, e as liñas que o anterior executivo promoveu e quere seguir impulsando sobre formación e promoción económica, entrou en materia de infraestructuras e transportes, da que ten máis que demostrado que é boa coñecedora.

 

As autovías Vigo-Porriño e Tui-A Guarda

“Somos conscientes de que outra obra neste corredor terá certo impacto na zona, afirmou Caride, pero os beneficios que reportará serán moito maiores para a economía e a calidade de vida dos cidadáns. A futura nova autovía, ademais de rematar na Avda. Madrid tamén terá unha conexión coa AP-9 e por tanto coa segunda circunvalación.” Segundo a Conselleria, “temos que aprender dos erros do pasado que propiciaron que a principal vía de comunicación terrestre entre Vigo e Porriño sexa unha autovía que dista anos luz dun trazado seguro” Eso explica, segundo a candidata socialista, que o PSdeG non quera caer nos erros de administracións anteriores, o que xustifica por exemplo, que a futura vía Tui – A Guarda non será unha vía rápida ata Goián como así estaba deseñado pólo PP, senon que será unha autovía. “Queremos facer as cousas ben dende o principio, investindo en trazados seguros e que satisfarán ás demandas do futuro, afiormou Caride.”

 

Os parques empresariais

 

Outra das futuras medidas que propuxo Caride foi no eido da promoción empresarial. En dinamizar os polígonos de nova creación e evitando que os terreos industriais queden baleiros, paralizados, prantexando unha lei que propicie que os compradores de esas parcelas teñan que facer un proxecto de construción da empresa nos 3 anos seguintes a súa compra, e en caso contrario ese terreo podería ser expropiado pola Xunta, para que calquer empresario que si teña iniciativa real por implantarse poida facelo.

 

 

Transporte público

O futuro transporte metropolitano, as bases nas que se sustentará e a modificación do marco regulador do mesmo para favorecer a interoperabilidade de liñas urbanas e interurbanas, foi outro dos temas que Caride explicou os representantes empresariais, que amosaron a súa preocupación por este eido, e ós que a candidata socialista, explicou que a sustitución do actual sistema tarifario kilométrico por un zonal como o existente en moitas áreas metropolitanas de capitales europeas,  así como a creación de corredores de interese metropolitano no que se ofertarán uns servicios de transporte público de moi alta frecuencia, vai modificar de xeito decidido o transporte público galego.

 

Demandas dos axentes sociais

Empresários e sindicatos da comarca do Baixo Miño e Louriña, coincidiron cós candidatos socialistas e côa Conselleira, que o Diálogo Socials e a colaboración política  é a base para a recuperación económica, algo que Maria Xosé Caride ratificou afirmando que “ O PSdeG puxo a base do Diálogo Social en Galicia e queremos impulsalo nesta nova lexislataura”

Por último, Luis Piña e e Enrique Cabaleiro comprometéronse a traballar póla Comarca se saen elexidos e apostar por solucionar os problemas da mesma. 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera