15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Os candidatos comarcais do PSdeG ó Parla

Actualidade

Os candidatos comarcais do PSdeG ó Parlamento encabezan a tradicional pegada de carteis da campaña electoral.

Os candidatos do PSdeG-PSOE ó Parlamento por Pontevedra, a xoven porriñesa Begoña Domínguez e o salcedense Enrique Cabaleiro deron o pistoletazo de saída cara ós vindeiros comicios autonómicos coa tradicional pegada de carteis.

 

Ambos amosáronse moi ilusionados co proxecto co que os socialistas con Emilio Pérez Touriño á cabeza presentan para Galicia, un cambio que comezou hai catro anos e que agora precisa dun respaldo por parte dos cidadáns para proseguir unha verdadeira transformación e posta en valor do gran potencial da nosa terra. De aquí ó vindeiro día 27 seguiremos traballando apoiando os actos da candidatura e levando a cabo outros na comarca para achegarlles ós cidadáns as nosas propostas.

Tamén aproveitaron para afirmar que o PSdeG ó contrario que o Partido Popular si ten en conta a nosa comarca, tendo representación nela nas listas de cara ós vindeiros comicios, demostrando o pouco interese que ten este partido na pluralidade.
       
      

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera