15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Josefa Sío se congratula de que gracias

Actualidade

Josefa Sío se congratula de que gracias a denuncia do PSOE se abra o Centro de Alzheimer, pero denuncia que non prestará de momento o servicio.

A coordinadora de acción sectorial e viceportavoz socialista do Porriño, Josefa Sío amosou a súa satisfacción e a do Grupo Municipal Socialista pola apertura do centro de Atención a Familiares e Enfermos de Alzheimer, índa que reitera que será só administrativamente e non se prestará o servizo. Sío critica o retraso da súa posta en funcionamento unha vez asumida a xestión do mesmo por Vicepresidencia para súa integración na Rede Galega de Centros de Dia de Atención Social.

 

O PSdeG-PSOE do Porriño, por medio de Josefa Sío, se congratula que a súa denuncia en prensa surtira efectos case inmediatos provocando  a  reapertura  do centro, aínda que  lamenta que solo sexa  a  efectos de trámites administrativos, e confía en que se axilicen os trámites para que no se retarde a súa posta en marcha, pois a prestación real  do servicio terapéutico ós usuarios do centro, índa  non comezou o día de hoxe, diga o que diga a responsable de a área de Asuntos Sociais do actual goberno do BNG. “Era tan sinxelo como pasarse pola súa sede e velo pechado dende fai máis de un mes, afirmou Sío”

 

Os socialistas lémbralles ó BNG, que aínda co centro se integrara na Rede Galega de Centros de Día, a responsabilidade de esixirlle a Xunta de que cumpra con os prazos de recepción do centro co fin de que non cese na súa actividade, é do goberno do BNG, que ten que facer seguimento, estar  informado e esixirlle a vicepresidencia do cuprimento da cesión en tempo e forma. Segundo Sío, o BNG non tiña “os deberes feitos, e agora ten que aprisa e correndo, poñer en marcha o servizo”.

 

Pola súa parte, Sío declinou valorar as acusacións do BNG de “alarmista”, pero sí aclarou que “ a “suposta inactividade” do Centro, como lle chamou o goberno, foi ata o día de hoxe simplemente “inactividade total”, e aclarou á Concelleira de Asuntos Sociais que non ten nada que ver a necesidade do servizo, ou a súa valoración, con que funcione ou non.”

 

En canto ó servizo, Sío indicoulle á Concelleira de Servizos Sociais, Míriam Martínez, que “dos Beneficios que reporta a os usuarios. o PSdeG-PSOE non ten a menor dúbida xa que o Centro comezou a funcionar baixo a xestión do PSOE, cando se atopaba no goberno. Precisamente por iso -afirmou Sío- porque somos coñecedores da súa necesidade e do respiro que da as familias e a axuda os enfermos, fixo a denuncia e seguira moi de cerca a situación do mesmo”

 

Para rematar, a concelleira socialista, aconsellou á concelleira nacionalista de Servizos Sociais, Mirian Martinez, que en lugar de acusar os demais de crear confusión, manteña informado tanto ós usuarios actuais, como os posibles usuarios e a corporación da situación do centro, de das incidencias que se den no seu funcionamento, por os medios que estime oportuno en non lle vote enriba os demais a sua responsabilidade.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera