15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Begoña Domínguez, candidata do PsdeG-PSO

Actualidade

Begoña Domínguez, candidata do PsdeG-PSOE por Pontevedra, será a primeira muller porriñesa candidata ó Parlamento de Galicia.

Begoña Domínguez Táboas, de 22 anos, veciña de Mosende e secretaria de mocidade do PsdeG-PSOE do Porriño, será candidata pola provincia de Pontevedra polo PsdeG-PSOE.

 

A actual secretaria de mocidade da Comisión Executiva Local do PsdeG-PSOE do Porriño, Begoña Domínguez foi proclamada candidata na candidatura de Pontevedra do PSdeG-PSOE aprobada o pasado 17 de Febreiro polo Comité Naciona Galego do PSdeG-PSOE, na que participa como número 20 na candidatura de 27 persoas que a integran.

 

Begoña Domínguez, de 22 anos, iniciou a súa carreira política o pasado 2007 da man da candidatura socialista ás eleccións municipais encabezada por Iván Vaqueiro, como número 8 da candidatura, representando á parroquia de Mosende. É estudante de cuarto curso de Dereito Económico na Universidade de Vigo e participa no movemento sindical estudiantil na Universidade de Vigo, a través do movemento sindical Foro das Utopías, dende o 2003.

 

 

A primeira muller de Porriño que participa nas Eleccións Autonómicas é dunha parroquia.

Pola súa parte, o secretario xeral do PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, valorou positivamente a inclusión de Begoña Domínguez na candidatura do PSdeG-PSOE ás eleccións autonómicas de Marzo de 2009, pois se trata a primeira vez que unha muller de Porriño, dunha parroquia, participa nas eleccións autonómicas.

 

Segundo Vaqueiro, “o PSdeG amosa con este feito, que aposta pola xente nova de Galicia”, e destacou que a candidata Begoña Domínguez representa a mocidade de Porriño que aposta cada vez máis polo PsdeG, fronte o anquilosamenteo de PP e BNG, e representa o cambio que nas parroquias de Porriño se está a producir, cun volco electoral cada vez maior cara forzas progresistas como PSOE.

 

“Temos que lembrar – afirmou Vaqueiro- que Mosende é a parroquia do ex-alcalde do PP Jose Manuel Barros, e nas que o PP, elección tras elección, está a perder posicións de xeiro acelerado. En Mosende e en Porriño, o PSdeG avanza electoralmente dende o ano 2001 de maneira clara, e desta volta, seguiremos avanzando.”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera