15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O Grupo Municipal Socialista esixe ó Con

Actualidade

O Grupo Municipal Socialista esixe ó Concello do Porriño e a Vicepresidencia de Igualdade e Benestar a reapertura inmediata do Centro de Atención a Familiares e Enfermos de Alzheimer de Porriño.

A coordinadora de acción sectorial e viceportavoz socialista de Porriño, Josefa Sío, esixiu na mañá de hoxe, a reapertura inmediata e posta en funcionamento do Centro de Atención a Familiares e Enfermos de Alzheimer de Porriño, pechado dende o pasado 15 de decembro.

 

A Viceportavoz socialista denunciou hoxe a permanencia sin actividade dende o pasado 15 de decembro, do Centro de Atención familiares e enfermos de Alzheimer de Porriño. “O centro que está en funcionamento ininterrumpido dende a pasada lexislatura con fondos municipais (Abril 2004), foi cedido a Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, asumindo dende 29 Novembro de 2007, a pesares de que o Concello, de facto, a xestionou ata o 15 de decembro pasado.”

 

A concelleira socialista, afirmou “ consideramos que un ano é máis que suficiente para que Vicepresidencia se faga cargo deste centro, e que non teñan que sufrir os familiares e os enfermos, a falta dun servicio fundamental, xa que vai en detrimento da súa calidade de vida e benestar.”

 

O PSOE cree que Vicepresidencia non debe demorar nin un día máis a reapertura do centro, e polo tanto, esixe que o Concello e Vicepresidencia, fagan as xestións necesarias para a reanudación inmediata da sua actividade. Segundo a concelleira socialista, descoñecementos se a día de hoxe, si se axudicou o se fixeron os trámites de adxudicación pertinentes para sacar a concurso o servicio, polo que o retraso, segundo os socialistas podería ser maior.

 

Josefa Sío afimou que o PSOE presentará unha pregunta por escrito para pedir explicacións ó Concello e esixe a Vicepresidencia que se poña a traballar dende xa para non demorar nin un día máis este servizo. “ É unha cuestión de responsabildiade- afirma Josefa Sío- xa que ademáis  e sabido de todos que é a muller, quen na maioria dos casos asume o cuidado dos seus maiores”.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera