15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE mediará ante a UE para evitar a m

Actualidade

O PSOE mediará ante a UE para evitar a multa ó Concello polo destrozo do Centro de Interpretación da Naturaza de As Gándaras.

O Voceiro Socialista Iván Vaqueiro, iniciou os contactos co grupo europarlamentario socialista para intentar que O Porriño non teña que pagar a multa por deixar caer o Centro de Interpretación da Natureza.

 

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, informou hoxe que iniciou os contactos co grupo europarlamentario socialista, a través do europarlamentario Antolín Sanchez Presedo, para tratar de evitar que O Porriño teña que pagar o destrozo do Centro de Interpretación da Natureza de As Gándaras, logo de ter sido literalmente “desmantelado” por falla de vixilancia municipal e control do mesmo.

 

 “É certo – afirmou Vaqueiro- que nos atopamos ante un dos maiores exercicios de deixadez política que viviu o noso Concello. Deixar caer unha infraestructura de case 400.000 euros de fondos públicos é unha auténtica vergoña para o pobo do Porriño. Os responsables de esta desfeita deben asumir as súas responsabilidades políticas, pero non o pobo de Porriño.”

 

O Voceiro socialista afirmou que PP e BNG teñen unha clara responsabilidade neste tema, e afirmou que o BNG, en concreto, Raúl Francés, que ostentou a responsabilidade da área de medio ambiente dende o 2003 ó 2007, competencia que na actualidade exerce unha concelleira nacionalista, debe dar explicacións de por qué non se prestou a atención necesaria a este edificio e agora se propón literalmente “enterrar o edificio e o asunto”.

 

Para o PSOE, o BNG amosou unha deixadez incomprensible neste tema, máxime cando existiron propostas para colaborar na súa posta en marcha por parte de outros colectivos, e non se explicou claramente por qué o BNG deixou literalmente “expoliar” o edificio. O PSOE anunciou que pedirá explicacións por escrito a Francés de este tema, e estudia solicitar un pleno extraordinario para esixir a comparecencia do Alcalde para explicar este tema á Corporación.

 

Dende o Grupo Socialista, afirman seguir con moita preocupación este tema, e afirman que faran todo o posible ante a Eurocámara para tratar de que a Comisión Europea non multe a Porriño cos 150.000 euros que quere impoñer como sanción ó Concello do Porriño por deixar caer o edificio do Centro de Interpretación, realizado con Fondos Europeos e rematado no ano 2002.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera