15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE de Porriño afirma que a publicaci

Actualidade

O PSOE de Porriño afirma que a publicación hoxe no BOE do Estudio Informativo do AVE Porriño-Fronteira Portuguesa confirma a eliminación do paso a nivel de Porriño

O PSOE de Porriño manifestou hoxe por medio do seu Voceiro e Secretario Xeral a ledicia do grupo socialista pola publicación do Estudio Informativo e de Impacto Ambiental do proxecto do Eixo Atlántico de alta velocidade, Tramo: O Porriño-Frontera Portuguesa, feito que confirma a eliminación do apso a nivel de Porriño.

 

O Secretario Xeral e Voceiro do PSOE de Porriño, Iván Vaqueiro valorou hoxe como feito moi importante para o Concello do Porriño, a publicación hoxe no BOE do Estudio Informativo do Tren de Alta Velociadade Vigo-Oporto no seu tramo O Porriño-Fronteira Portuguesa, que ven a ratificar o Estudio Informativo publicado fai ano en medio entre Vigo e Porriño, que incluía a variante de Porriño que eliminará o paso a nivel de Porriño, un feito que Vaqueiro calificou de “histórico” para o municipio porriñés

 

“Os socialistas e todo o Porriño estamos de noraboa pois se trata da confirmación de que despois de moitos anos, e gracias á labor do PSOE a eliminación  do paso a nivel de Porriño que conseguiu o PSOE de Porriño en varias reunións co Ministerio de Fomento en Madrid, e que foi criticada durante a campaña polo resto dos partidos do Porriño, vai ser moi pronto unha realidade”

 

Para o grupo socialista, a publicación deste estudio informativo é a confirmación do anterior, e vai permitir avanzar na definición de un Porriño máis aberto e ordenado pola desaparición do trazado urbano do ferrocarril polo casco urbán. Para Vaqueiro, esta desaparición do paso a nivel vai permitir a conexión Porriño-Torneiros e a creación dunha circunvalación do casco urbán, ampliando as estradas do Cando e Leandro Diz nunha auténtica Avenida.

 

 

O PSOE solicitará nos vindeiros días, a reunión urxente da Comisión Informativa de Vías e Obras do Concello do Porriño para valorar o novo proxecto, e darlle a conformidade do Concello ó mesmo.

 

Como conclusión, Vaqueiro reiterou, fronte a aqueles que querían paralizar este proxecto, que “O PSOE ten un alto compromiso con Porriño, e este feito, unha vez máis, o amosa.”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera