15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Vaqueiro destaca o record de inversión d

Actualidade

Vaqueiro destaca o record de inversión da COTOP en Porriño cos 15 millóns de euros executados dende o 2005

O voceiro socialista, Iván Vaqueiro, destacou hoxe que as inaguracións das estradas de Virxe do Camiño-Mosende e o novo enlace de A Casilla, representan un forte avancen as comunicacións en Porriño e un exemplo de diálogo cos afectados

 

Iván Vaqueiro, voceiro municipal do Partido Socialista no Porriño valorou hoxe, tras a visita da Conselleira de Política Territorial, Maria José Caride hoxe a Porriño para inagurar a nova estrada de Virxe de Camiño-Mosende e o novo enlace de A Casilla, as inversións realizadas pola COTOP dende o 2003 en Porriño, que definiu como record histórico da Xunta no Concello do Porriño, inversións que superan os 15 millóns de euros, e que contribúen de xeito decidido á mellora da seguridade vial e a fluidez das comunicacións nunha zona de alta importancia económica e industrial como é Porriño.

 

Vaqueiro afirmou que gracias ó goberno presidido por Emilio Pérez Touriño, dos vellos problemas herdados do PP, fosen solucionados nun tempo record (menos de 3 anos), fronte ó retraso do PP nestes dous proxectos. “O PSOE de Porriño cumpriu cos veciños de Atios e de Mosende, logo de ter xestionado estas obras dende o ano 2003, afirmou Vaqueiro”

 

O socialista valorou tamén a sensibilidade da COTOP cos veciños de Mosende, xa que “a obra de Virxe do Camiño-Mosende, fíxose logo de modificar o proxecto inicial do PP, que tiña unhas importantes expropiacións, logo de que os concelleiros dos grupos socialistas de Porriño e Tui nos reuniramos cos veciños, xunto coa Delegada Provincial da Cotop, para falar do proxecto, percorrer cos veciños o trazado da nova estrada, reducir as afectacións e facer a obra, que se acadou pola perseverancia da COTOP para que a obra se fixese dende o diálogo cos veciños e veciñas.”  

 

 

Mellora da estrada municipal de Vilafría.

No caso do enlace de A Casilla, en  Atios, onde os veciños esixiron esta mañá ó Alcalde, un compromiso de mellora da estrada municipal de Vilafría, Vaqueiro valorou moi positivamente o compromiso da Conselleira de Política Territorial e da Delegada Provincial ante os veciños de Atios, para mellorar os accesos da estrada autonómica á estrada de Vilafría en Atios, que os veciños esixen ó Alcalde de Porriño. Trátase de unha obra moi importante para os veciños de Atios, e o PSOE terá unha sensibilidade especial, tal e como se comprometeu a Conselleira. “ Estas formas políticas, as da cercanía, compromiso e ó diálogo, son as que distinguen a maneira de gobernar do PSOE, concluíu Vaqueiro. ”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera