15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Comezan as obras do novo CEIP Antonio Pa

Actualidade

Comezan as obras do novo CEIP Antonio Palacios de Torneiros.

O PSOE de Porriño brinda o seu apoio ós traballadores da empresa Astra Zéneca e afirma que chamará a todas as portas para evitar o seu peche.

 

O Secretario Xeral e Voceiro do PSOE de Porriño, Iván Vaqueiro anunciou hoxe que comezarán as obras de construcicón do novo CEIP Antonio Palacios de Torneiros, logo de que a empresa INDEZA fose adxudicataria da obra de construcción do novo colexio, tal e como publicaba recentemente a páxina web da Sociedade Pública de Investimentos (SPI Galicia).  

A obra, que ten un Orzamento de 2.724.430 euros, terá un prazo de execución de 9 meses, e contribuirá de maneira decisiva a mellorar a calidade dos servicios educativos da parroquia de Torneiros, segundo o socialista. “Os veciños de Torneiros e Porriño- afirmou Vaqueiro- estamos de norabóa por esta nova obra do goberno de Emilio Pérez Touriño na parroquia de Torneiros, o que pon de manifesto unha vez máis o compromiso que os socialistas do Porriño temos coa Educación”

Vaqueiro contrapuxo o compromiso dos socialista coa Educación coa decisión do BNG de non asistir ós Consellos Escolares dos centros escolares de Porriño. Para o PSOE, as declaracións de Raúl Francés (responsable da área de Educación) no último pleno no que os socialistas o instaban nunha moción a que asistise ou nomease representantes nos consellos escolares de Porriño, ó que Francés respostou que “non vou porque non vou a que me critiquen”, son indignas dun Alcalde e amosan un profundo desprecio ás institucións democráticas educativas, e o instou a cumprir coa súa obriga como responsable de educación, ou a nomear representantes que acudan ós consellos escolares. Para Vaqueiro, a actitude de Francés é de absoluto desprecio á comunidade educativa.
 

Apoio do PSOE ós traballadores de Astra Zéneca e mediación autonómica para evitar o peche da empresa

O Secretario xeral aproveitou tamén para informar públicamente do apoio do PSOE de Porriño ós traballadores da empresa Astra Zéneca, e afirmou que o PSOE de Porriño presentará unha moción no vindeiro pleno da Corporación para apoiar ós traballadores da empresa, e afirmou que “os socialistas chamaremos a todas as portas para pedir que se busque unha saida ós traballadores de Astra Zéneca que non implique o peche da empresa”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera