15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE critica o estado da estrada

Actualidade

O PSdeG-PSOE critica o estado da estrada Outeiro-Abelenda na parroquia de Pontellas

O Voceiro Municipal Socialista Iván Vaqueiro e a responsable de Innovación e Planificación da Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE do Porriño, Elena Alonso, visitaron na mañá de hoxe a estrada que une os barrios de Outeiro-Abelenda na parroquia porriñesa de Pontellas, para coñecer o avanzado estado de deterioro da mesma, e propoñer a súa inmediata mellora.

 

Elena Alonso afirmou que os veciños de Pontellas lamentan o abandono que está a sufrir a parroquia de Pontellas polo goberno local, e afirmou que a estrada Outeiro-Abelenda, de titularidade municipal e vía estratéxica na parroquia atópase en avanzado estado de deterioro, o que repercute negativamente na seguridade vial e nas comunicacións internas de Pontellas. Alonso afirmou que o PSOE proporá no vindeiro pleno, que se contemple unha partida para esta estrada.

“Queremos rematar co esquecemento co que se ten sometido a Pontellas e ás parroquias por falta de peso político real no goberno local”, afirmou a responsable de Innovación e Planificación do PSOE do Porriño e veciña de Pontellas.  

Plan de Infraestructuras, Transportes e Mobilidade do Concello do Porriño e un impulso decidido ás parroquias

Pola súa parte, o Voceiro Municipal Socialista, Iván Vaqueiro, afirmou que o Goberno debe deixar de "parchear" as estradas de titularidade municipal e facer un auténtico Plan de Infraestructuras, Transportes e Mobilidade do Concello do Porriño para afrontar a mellora das estradas principais das parroquias, para garantizar a calidade das vías de comunicación e mellorar a seguridade vial. Vaqueiro manifestou que o PSOE prepara un estudio sobre a situación das vías de comunicación de titularidade municipal para facer ó goberno unha proposta integral á vista da falta total de planificación por parte do goberno local. "Non queremos un goberno de parches, senon un goberno que planifique as nosas comunicacións e execute as obras públicas que tanto necesitan as nosas parroquias"   

Vaqueiro garantizou que o PSOE traballará no Pleno da Corporación para que a estrada Outeiro-Abelenda sexa considerada como obra prioritaria, e afirmou que o PSOE estudiará a realización de varias modificacións do Plan de Inversión Municipal, para dar un impulso decidido ás necesidades das parroquias.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera