15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE ESIXE Ó BNG QUE A REFORMA DO PXOM

Actualidade

O PSOE ESIXE Ó BNG QUE A REFORMA DO PXOM ABRA UN DEBATE CIDADÁN PARA CORREXIR AS TROPELÍAS DO PP

O PSOE do Porriño esixiu que a reforma do PXOM que quere o BNG, abra un debate cidadá sobre o urbanismo porriñés. Trátase, segundo o voceiro socialista na Comisión de Urbanismo, de que Porriño faga un urbanismo aberto, transparente e participativo, e non pola porta de atrás como fixo o PP.

 

19/03/2009

 

O voceiro socialista da Comisión de Urbanismo, Vías e Obras, Fernando Rodríguez, afirmou hoxe que o PSOE esixe ó BNG que se pensa adxudicar a reforma do Plan Xeral, debe informar ós grupos da Corporación de en qué termos se vai producir, e cales van ser os aspectos a reformar, ademáis da obrigada adaptación do PXOM a lei de ordenación urbanística de Galicia do ano 2002.

 

 

Segundo os socialistas, o prodecemento de contratación dunha asistencia técnica para reformar o PXOM aberto polo Concello do Porriño, que quedou deserta a pasada semana, foi a primeira noticia que a oposición tiña desta proposta do goberno local, que vai voltar a sacar a concurso esta reforma.
 

Para Rodríguez, o PP marxinou a moitos veciños e veciñas cando aprobou un Pla de Urbanismo: “ que só favorecía a uns cantos empresarios, marxinando á maioría. Un PXOM polo cal o PP inda non pediu perdón á cidadanía do Porriño.”. Situacións urbanísticas coma as zonas industriais pegadas ó barrio de Casal en Budiño, o abandono urbanístico dos barrios de San Benito e San Sebastián ou a falla de definición de unha sóa zona verde no centro urbán, din moito do Plan Xeral do PP, que se pode resumir nunha frase: “cemento para uns cantos, marxinación para os porriñeses”


DEBATE SOCIAL, ABERTO E PARTICIPATIVO SOBRE O PXOM

 
Segundo os socialistas, se abre o debate da reforma do PXOM, é necesario rematar coas formas escurantistas coas que o PP aprobara o PXOM no 2003. Para o PSOE, a aprobación pola porta de atrás, cunha exposición pública en pleno verán do 2002, feita polo PP, son formas que nunca deben repetirse no noso Concello.


O PSOE esixiu ó BNG transparencia absoluta nesta reforma e a inmediata convocatoria da Comisión Informativa de Urbanismo para explicar os criterios do goberno para a reforma do PXOM, ó tempo que informou que o PSOE presentará unha moción no vindeiro pleno para chegar a un acordo entre todos os grupos da Corporación para pedir que a reforma do PXOM se faga de xeito participativo e abrindoa á sociedade.


Os socialistas lembran que no seu programa electoral plantexaron a creación dun Consello Social de Urbanismo, e que sempre defenderán un urbanismo aberto e participativo. “Non queremos que se aprobe unha reforma urbanística pola porta de atrás”

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera