21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Iniciativas / Preguntas / Preguntas do G.M. Socialista no pleno de

Preguntas

Preguntas do G.M. Socialista no pleno de Xaneiro de 2009

Preguntas realizadas polo Grupo Socialista ó Goberno Local no pleno de Xaneiro de 2009

 

19/03/2009

 

-1-

O 11 de Setembro de 2008, Conselleiro de Industria, anunciou 100.000 euros para a mellora da entrada sur do Polígono de As Gándaras, comprometéndose a facelo antes do perído electoral. Vemos que a dia de hoxe esta obra non se realizou inda

¿Sabe o goberno cal é a razón deste retraso ?

 

 

-2-

A pesar de que existía un acordo desta corporación para definir as liñas das inversións do Plan Zapatero de Inversión nos Concellos e non se cumpliu, mentindo o goberno unha vez mais a esta Corporación, si nos gustaría saber alomenos cal é a previsión de creación de emprego das obras que foron aprobadas pólo goberno central para Porriño.

¿Cal é a previsión de creación de postos de traballo que van aparelladas a estas obras?

 

 

-3-
Atopámonos en Xaneiro do 2009, 5 meses máis tarde do que marca a lei para  a presentación da conta xeral do ano 2007, amosando com elo a mala xestión do departamento de economia do Concello.

¿Canto tempo máis se demorará a presentación da mesma?

 

 

-4-

No pleno do mes de Outubro de 2008, o Concello do Porriño cedeu á Conselleria de Cultura, unha parcela para realizar as obras de instalación dun novo parque de céspede artificial no campo de entrenamentos do Louramval, proposta que este grupo apoiu, a pesares das reservas legais que tiñamos. Foi por elo, que xunto co partido dos Independentes de Porriño, acordamos solicitar un informe xurídico sobre a parcela, e nos atopamos coa desagradable sorpresa de que segundo o secretario, esta parcela non é municipal.

¿Non se asesorou o Concello o suficiente neste tema?

¿Por qué a obra vinculada ó convenio urbanístico de cesión de esta obra, sita na rúa progreso sigue aceleradamente as súas obras?

¿Pediulle o goberno para tapar esta cesión ilegal que rematase as obras axiña para ver se se agochaba este tema?

¿Vanlle comunicar á Conselleria que o acordo foi ilegal?
¿Teremos que pedirlle de novo a Deputación que faga o campo porque o BNG de Porriño e a Conselleria de Cultura non se enteran de nada?
En todo caso, pedimos que o novo campo, para non perder a inversión, se faga no campo do Louranval.
 


-5-

Fai aproximadamente un ano, o goberno trouxo a este pleno unha recalificación urbanística á promotora Rojo de Jove, para reclificar uns terreos sitos na parroquia de Cans logo de varias declaracións en prensa do Alcalde, dando por feito que estes térreos eran para a multinacional IKEA. Vendo a evolución deste tema, parece claro que IKEA non vai vir para Porriño, pero a día de hoxe, a maior recalificación urbanística iniciada por este concello a unha entidade privada, segue a estar na escuridade. Descoñécese qué proxecto se vai facer, cantos postos de traballo vanse crear, quenes se esconden tras esta promotora,…. Só sabemos que IKEA, seguro que non é, pero que a esa promotora, o goberno lle ten feito un auténtico regalo. En todo caso, gustaríanos saber.

¿En qué proceso se atopa esta recalificación?
 

 

-6-

Fai aproximadamente 4 anos, o Concello presentou nesta corporación, que a sociedade Promogal e o Concello do Porriño, tiñan un acordo polo que se constituía un ha Fundación de Interese Cultural, que se ubicaría na casa sita diante da Igrexa de Santa María, e que favorecería cada ano a varios mozos Porriñeses. Pasou o tempo, e nada se sabe de esa Fundación. Pero o que sí sabemos é que a obra de Promogal rematou, e que a vivenda que está diante da Igrexa, está desmantelada e se medidas de seguridade de ningún tipo. É incrible que dado o tipo de marterial do que está composta, que tan só e de granito na fachada, non se derrubase co temporal de estes dias.

¿ Qué pensa facer ó Concello ó respecto desta casa?

¿ Qué foi desta Fundación e dos cartos últimos catro anos tina que ter dado os estudiantes sen médios que naquel momento se pretendia becar a través desta fundación?
             

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera