13 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Iniciativas / Mocións / Moción do Grupo Municipal Socialista do

Mocións

Moción do Grupo Municipal Socialista do Porriño solicitando a creación da Fundación Antonio Palacios Ramilo

Pleno Municipa de Xaneiro de 2008

 

      O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE do Concello  O Porriño, ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN:
      Durante varios anos, o Concello do Porriño iniciou un proxecto de importante calado para o noso municipio, que xurdiu do consenso de tódolos grupos da anterior corporación como foi a Fundación Antonio Palacios.
    Este proxecto, que os socialistas consideramos prioritario para Porriño, tivo todo o respaldo da Corporación, e estivo a piques de ser posto en marcha na anterior lexislatura, cando o BNG solicitou que non se constituise para ver se a Consellería de Cultura entraba no Patronato da Fundación. Logo de máis de un ano daquel pleno, descoñecemos as xestións feitas polo goberno e só podemos laiarnos da falta de honor a la palabra dada na que parece que se instalou este goberno. Vemos con tristeza pois, cómo parece que este proxecto ten sido condenado ó esquecemento, namentres a memoria do xenial porriñés Palacios cae no esquecemento.
  Fronte a esta situación, o grupo socialista, inda sabendo que fai un laio no deserto, non pode máis que seguir insistindo na importancia que esta Fundación pode ter para Porriño.
          Se se quere respectar a vontade democrática da Corporación, deberíamos poñer en marcha este proxecto. Se novamente o goberno pide máis tempo para non facer nada neste eido, perderemos unha oportunidade non só de tributar un merecido esforzo de promoción do xenial Palacios, senon de poñernos á fronte da defensa da máis enxebre e ó mesmo tempo modernista arquitectura do noso país galego.
          É polo que presentamos a seguinte moción para a súa aprobación polo pleno da Corporación:

-          Que se cree cando antes a Fundación Antonio Palacios e que o Concello poña os medios necesarios para a súa posta en funcionamento.

-         

 

          

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera