Ponse en marcha o proceso e o calendario para que a militancia, a través do voto en urna, manifeste as súaspreferencias sobre os compañeiros e compañeiras que se postulen para ocupar a Secretaría Xeral dosocialismo galego.
O día 22 de xullo, iníciase o proceso para que os e as militantes que queiran optar á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, poidan recoller, ata o día 2 de agosto, os avais necesarios para poder formalizar a súa candidatura e presentarse como candidatos/as á Sª xeral do Partido en Galicia na votación a celebrar o día 7 de setembro de 2013.
A documentación precisa para presentar a candidatura deberá presentarse na sede da CENG, antes das 19 horas do día 2 de agosto.
Os modelos para formalizar a candidatura estarán a disposición dos militantes que queiran ser precandidatos/as á Sª Xeral do Partido, a partires das 10 horas do día 22 de xullo, na sede da CENG, na rúa do Pino, nas Agrupacións Provinciais, e na páxina Web do Partido; podendo enviarse, tamén, ós/as interesados/as por e-mail.
Unha vez que o día 6 de agosto a Comisión Electoral proclame os candidatos que reúnen os requisitos establecidos na normativa que regula o proceso, estes poderán levar a cabo, do 28 de agosto ó día 6 de setembro, a súa campaña de información interna á militancia.
Para calquera dúbida sobre o proceso que afecta á consulta, chamar ó teléfono 981552030 ou contactar no correo electrónico: consulta@psdegpsoe.org.