9 de decembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdG-PSOE DO PORRIÑO ARRANCA A CAMPAÑA

Actualidade

O PSdG-PSOE DO PORRIÑO ARRANCA A CAMPAÑA DAS AUTONÓMICAS 2012

O PSOE do Porriño realizou a tradicional Pegada de Carteis na rúa Domingo Bueno.

 

13/10/2012

 

A Secretaria Xeral da Agrupación Socialista do Porriño Eva García de la Torre,  acompañada dos membros da Executiva Local, iniciaron a tradicional pegada de carteis electorais na rúa Domingo Bueno.

 

Co lema, Galicia Pode, Galicia decide, a Agrupación dos Socialistas do Porriño iniciou a pegada, xunto a súa Secretaria Xeral, quen animou aos Porriñeses e Porriñesas a participar activamente nestas cruciais eleccións.

 

Segundo De la Torre, nestas eleccións no só se trata de elixir quen rexerá os destinos dos galegos nos vindeiros catro anos, trátase de revalidar ou non a política levada a cabo por Mariano Rajoy da que o Sr. Feijoo é o máximo defensor.

 

A xente debe ter claro que nestes momentos o que se decide é o futuro dos nosos fillos e fillas nas próximas xeracións. Mais ven, se os nosos fillos terán futuro ou non, porque quen se llo nega é o PP de Rajoy e Feijoo, coas políticas que están a levar a cabo, atacando aos nosos maiores co copago sanitario, aos nosos nenos, cos recortes na educación, aos traballadores cunha reforma laboral inxusta e inconstitucional, e a todos tentando unha regresión democrática que, se non a paramos, levaranos os anos mais escuros do franquismo.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera