21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSOE censura o Goberno Municipal por r

Actualidade

O PSOE censura o Goberno Municipal por rexeitar as Mocións presentadas polo seu Grupo no último Pleno sobre supresión de barreiras arquitectónicas e que despois saia na prensa facéndose publicidade sen sentido.

A Secretaria Xeral socialista do Porriño e Voceira do Grupo Municipal Socialista, Eva García de la Torre, compareceu hoxe nos medios para facer unha valoración do inicio do curso político e lamentou, entre outras cousas, a pouca sensibilidade do Goberno Municipal ao tentar sacar rentabilidade política da súa propia ineficacia e incumprimentos.

 

11/09/2012

 

De la Torre lamentou o intento do Goberno de Nelson Santos de rentabilizar politicamente as iniciativas que previamente rexeitou no último pleno e que foron presentadas polo Grupo Municipal Socialista. Concretamente referiuse á aparición nos últimos días na prensa dunha noticia sobre unha iniciativa por parte do

Eva García de la Torre, Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño e Voceira do Grupo Municipal Socialista, compareceu hoxe para valorar o inicio do curso político.

Concello tendente a suprimir as barreiras arquitectónicas.

Recorda De la Torre, que no último pleno o seu Grupo propuxo unha moción para que se dedicasen medios e recursos á supresión das barreiras arquitectónicas do Concello, moción rexeitada polo Grupo Popular co argumento de que xa non existían tales barreiras no Porriño porque, segundo o PP, destináranse 150.000 € dos orzamentos para a súa supresión.

Sen embargo, tal patraña foi desmentida por eles mesmos poucos días despois admitindo tacitamente o seu engano no pleno do concello.

Tamén lamenta Eva de la Torre a falta de sensibilidade coa situación das familias mais prexudicadas pola crise e os recortes do Goberno do PP, o negarse a impulsar políticas de fomento e creación de bancos de libros de texto, o que lle parece incomprensible dado que dita iniciativa non tería custe algún para as arcas municipais.

 

 

 

En todo caso, a Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, en resposta á falta de sensibilidade do Goberno Municipal de Nelson Santos, quere anunciar a creación dunha “bolsa de material escolar” para que, a través das AMPAS e dos Colexios Públicos do Porriño, se faga entrega os nenos e nenas de familias con menos recursos. Evidentemente, dende a executiva local do PSOE do Porriño, se convida a todos os veciños e veciñas a que participen nesta iniciativa solidaria que pon remedio á inacción dos responsables políticos do concello.

Por outra banda,  Eva García de la Torre, fixo un balance destes dous meses dende a súa elección como Secretaria Xeral, nos que afirma sentirse moi motivada e apoiada polo equipo de xente que forma a nova executiva saída do último congreso local.

Recorda De la Torre, que a sede Socialista está aberta todos los días dende as 20:00 horas hate as 21:30 horas, co obxectivo de que calquera que o necesite saiba que estamos a súa disposición.

Asímesmo, mostra De la Torre a súa satisfacción pola boa acollida da Charla -Coloquio celebrada en Xullo sobre a estafa das preferentes, coa intervención do Deputado Autonómico Abel Losada e recorda a todos os veciños e veciñas do Porriño, que o próximo Venres día 14 de Setembro as 20:30 horas na sede da agrupación (Rúa Fernández Areal, 22), terá lugar outra Charla - Coloquio sobre os recortes en educación na que intervirá o Deputado Guillermo Meijón.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera