20 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE tilda de incomprensible a n

Actualidade

O PSdeG-PSOE tilda de incomprensible a negativa do Goberno Local a esixir ó SERGAS que palíe os efectos das altas temperaturas no centro de Saude e consigue que se aprobe a moción para mellorar o Rexistro Civil do Porriño

Os socialistas piden a dimisión da Concelleira de Sanidade, Maria José Martínez Lemos por afirmar que o o Concello non ten competencias en Sanidade e esixe medidas ó SERGAS

 

29/06/2012

 

O Grupo Municipal Socialista tildou de incomprensible a actitude do goberno local de votar en contra da moción de urxencia presentada polo grupo municipal socialista para esixir ó SERGAS a adopción inmediata de medidas para paliar as altas temperaturas rexistradas no Centro de Saude do Porriño nos últimos días. Segundo o PSOE, o pasado martes 26, rexistráronse máis de 33 grádos de temperatura no Centro de Saude do Porriño por falta de medidas de refrixeración, algo que sufren os maiores e os máis novos e unha situación que non se pode seguir tolerando, unha situación que os propios funcionarios do Centro de Saude do Porriño están denunciando. "O Sergas ten que tomar medidas xa" afirman dende o PSOE.

Segundo os socialistas, o máis incomprensible foi a actitude da Concelleira de Sanidade do Porriño, Maria José Martínez Lémos, que afirmou que a refrixeración do Centro de Saude non é competencia do Concello, feito que os socialistas consideran incomprensible e unha actitude impropia de quen ostenta a concellería de Sanidade do Porriño. "Se a concelleira Maria José Martínez Lémos afirma ou considera que o concello do Porriño non ten competencias en sanidade, que dimita e deixe de cobrar por un área que segundo ela, non ten competencias". O PSOE pide á Concelleira que faga o seu traballo e esixa ó SERGAS que tome medidas urxentes. O PP votou en contra da urxencia da Moción socialista sen dar ningunha explicación, algo que dende o PSOE non entenden: "está claro que é unha moción urxente, pois agora empezan as altas temperaturas e é o momento de lembrarllo ó SERGAS, pero o PP do Porriño mira para otro lado. Ninguén no Porriño entende esta actitude"

Os socialistas esixen ó goberno local un posicionamento claro ante o Sergas para que tome medidas inmediatas, e acusou a Nelson Santos de permitir que a Xunta eliminase as partidas comprometidas para a reforma e ampliación do Centro de Saude do Porriño. "Feijoo se ríe de Porriño e dos Porriñeses, e Nelson Santos, que vendeu en prensa que se ían iniciar as obras a finais do 2010, agora cala e é incapaz de esixir á Xunta que cumpla os compromisos"

Ampliación do Persoal do Rexistro Civil do Porriño

Pôr outra parte, a Corporación decidiu apoiar por unanimidade a moción socialista para esixir a ampliación do persoal do Rexistro Civil do Porriño, algo que viña sendo unha demaqnda cidadá dende fai moito tempo. Tanto o PP como o BNG coincidiron en que a moción do PSdeG-PSOE é acertada e o goberno local se comprometeu a traballar nese sentido para solicitar máis persoal para o Rexistro Civil e evitar así a acumulación de expedientes e documentos que os porriñeses demandan, dende certificados de nacemento, matrimonios civís, partidas de defunción, etc....

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera