21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O Grupo Municipal Socialista do Porriño

Actualidade

O Grupo Municipal Socialista do Porriño pide ó Goberno Local que recupere os convenios coas comunidades de montes de Atios e Budiño e non só beneficie ós canteiros

Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro e Eva García de la Torre, informaron hoxe que o seu grupo solictará a través dunha moción no pleno do vindeiro día 30, que o Concello recupere os convenios coas comunidades de montes de Atios e de Budiño como medida de compensación pola actividade mineira e o seu impacto sobre os veciños desas parroquias.

 

26/06/2012

 

Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro e Eva García de la Torre, informaron hoxe que o seu grupo solictará a través dunha moción no pleno do vindeiro día 30, que o Concello recupere os convenios coas comunidades de montes de Atios e de Budiño como medida de compensación pola actividade mineira e o seu impacto sobre os veciños desas parroquias.

Así o manifestou esta mañá voceiro socialista na comisión de economía e facenda, Iván Vaqueiro, que lembrou que os convenios expiraron fai un par de anos sen que o anterior goberno nin o de Nelson Santos amosase ningún interese en recuperalos. "Dende o PSdeG-PSOE entendemos que se deben recuperar os convenios coas comunidades de montes pois as canteiras ubicadas en Atios e en Budiño producen un moi forte impacto sobre os veciños destas parroquias que deben ser compensados por unha actividade que repercute positivamente sobre toda a veciñanza do Porriño. "Porriño recauda unha importante cantidade en concepto de arrendamento dos terreos ás canteiras, cantidade da que se benefician todos os porriñeses, pero debemos ser comprensivos cos veicños que viven nas parroquias de Atios e de Budiño." O socialista lembrou que os anteriores convenios de colaboración databan do ano 1995 e que supoñían que o concello invertía como mínimo o 33% dos ingresos que o concello tivese por arrendamento das canteiras de cada unha das parroquias, e deberían ser a base para iniciar novos contactos coas comunidades de montes para asinar novos convenios.

 Vaqueiro criticou ó goberno local por realizar o novo prego de arrendamento das canteiras sen contar cos veciños non as comunidades de Montes e tildou de pouco dialogante ó concelleiro de Canteiras Carlos Martínez, cando debería reunirse coas comunidades de montes para recoller as súas propostas e peticións no prego de condicións de arrendamento das canteiras.  Mentres, afirmou Vaqueiro, vemos que ó alcalde ó único que lle interesa é rebaixarlle ós constructores os prezos por construir con granito "rosa porriño". Os socialistas afirman que non están en contra de apoiar o uso de granito, pero desgravar ata 6.000 euros no Imposto de Construcciòns a cada constructor por usar granito "rosa porriño" nuns intres nos que se lle están rebaixando fondos ás partidas de educación ou asuntos sociais non é gobernar con responsabilidade.

Recuperar a Comisión de Seguemento das Canteiras

Os socialistas anunciaron ademáis que pedirán, a petición dos veciños, que se recupere a Comisión de Seguemento da Actividade Mineira, na que os veciños, empresas de canteiras e a Corporación, poidan facer un seguemento dos problemas ambientais, ruidos e vibracións que producen as canteiras.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera