Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro e Eva García de la Torre, informaron hoxe que o seu grupo solictará que o Concello presente un proxecto á liña de subvencións aprobada pola Xunta de Galicia para o soterramento de liñas de Alta Tensión no termo municipal do Porriño.
Así o manifestou esta mañá o grupo socialista, que lembrou a Santos que a súa xestión foi responsable da perda de 5 millóns de euros de inversión no soterramento das liñas de alta tensión do Polígono de As Gándaras e da área residencial de Torneiros e que non podemos seguir deixando pasar estas axudas para mellorar as infraestructuras eléctricas do municipio ó tempo que se elimina a perigosidade que estas liñas teñen en canto á súa cercanía cos veciños de Torneiros.
Os concelleiros socialistas lembran ó actual alcalde que a súa chegada ó goberno supoxo primeiro a parálise do convenio asinado entre o Concello, a Xunta e Fenosa por valor de 5 millóns de euros e logo, a cadicidade do mesmo, perdéndose esta importante inversión municipal.
O PSdeG-PSOE pide agora que non se deixe pasar esta liña de subvencións e que o Concello faga os deberes, afirmando que os veciños de Torneiros merecen esta inversión, así como o tecido productivo dos polígonos empresariais.
Axudas para Concellos para o Soterramento de Liñas de Alta Tensión
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120612/AnuncioCA04-050612-0001_es.pdf