15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Eva García afirma que o PSOE alegará o n

Actualidade

Eva García afirma que o PSOE alegará o novo prego de arrendamento das Canteiras e esixe que as débedas dos canteiros se reclamen xudicialmente

A Voceira Socialista critica tamén o argumento das costas xudiciais e pregunta por qué non se reclama a débeda

 

11/05/2012

 

O Grupo Municipal socialista afirmou hoxe, a través da súa Voceira Municipal Socialista, Eva García de la Torre, que o PSdeG-PSOE presentará alegacións ó novo prego de arrendamento dos terreos das canteiras do Porriño ó considerar que  o prezo de arrendamento, 1,2 euros metro cuadrado, ademáis de estar mal calculado, é insuficiente e moi beneficioso para os canteiros a costa do Concello do Porriño.

Asimesmo, a Concelleira socialista afirmou que o informe da Arquitecta, no que se fundamenta o prezo recollido no prego de condicións de arrendamento, é totalmente insuficiente para ecplicar por qué se escolle ese prezo, pois non se seguiu ningún criterio concreto nin o goberno local soupo explicar o por qué dese prezo.

Eva García de la Torre, que anunciou que dará a coñecer o prego ós veciños de Atios e Budiño para recoller as súas impresións en sendas reunións nas que lles entregará copias do novo prego e recollerá os seus plantexamentos. "Os veciños de Atios e Budiño levan anos aturando ós ruidos e contaminación das canteiras e este alcalde nin os consultou cando se fixo este prego. O PSOE fará o que este goberno non fai: escoitar ós veciños e non só os empresarios"


Débeda das Canteiras e o medo do goberno local a reclamala

Asimesmo, a Voceira Socialista correxiu o argumento do goberno local que afirma que "non se debe pleitear contra os canteiros para esixirlles a débeda dos case 1.000 millóns das antigas pesetas, por medo a ter que pagar as costas xudiciais se se perde o xuizo" afirmando que "é un argumento sen sentido xurídico toda vez que poderá variar a cantidade da débeda pero non a existencia dunha débeda en sí dado que os propios canteiros ofreceron xa 400 millóns das antigas pesetas, recoñecendo en parte esa débeda, polo que non entendemos que o goberno local siga perdonandolles ós canteiros as débedas que teñen co Concello.

Eva García afirmou que se Nelson Santos non quere esixir a débeda ós canteiros pola vía legal terá que explicar por qué ante os veciños do Porriño.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera