15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Pleno do Luns 7 de Maio: O PSOE critica

Actualidade

Pleno do Luns 7 de Maio: O PSOE critica ó Goberno Local o intento de regular as ocupacións das canteiras sen resolver a débeda dos canteiros

O Grupo Municipal socialista criticou hoxe o intento do goberno local porriñés de aprobar no pleno deste luns día 7, sen dialogar coa oposición, o novo prego de ocupación dos terreos das explotacións das canteiras sen resolver a débeda histórica que os canteiros teñen co concello e que ascende a 1.000 millóns das antigas pesestas (6 millóns de euros).

 

04/05/2012

 

O Grupo Municipal socialista criticou hoxe o intento do goberno local porriñés de aprobar no pleno deste luns día 7, sen dialogar coa oposición, o novo prego de ocupación dos terreos das explotacións das canteiras sen resolver a débeda histórica que os canteiros teñen co concello e que ascende a 1.000 millóns das antigas pesestas (6 millóns de euros).

A Voceira Municipal Socialista, Eva García de la Torre afirmou hoxe que o PSOE non será complice do intento de Nelson Santos de aprobar un prego que apenas modifica o prezo de ocupacion existente dende o ano 94 e que otorgue grandes concesións ós canteiros como a posibilidade de non pagar por arrendamentos cando estes non produzan, así como por eliminar a clausula relativa ó pago das liquidacións que as empresas de extración de granito adeudan ó concello dende as liquidacións do ano 1994 ó concello.

Segundo os socialistas, o goberno local escapa das súas responsabilidades cando plantexa un novo marco de regulación legal das explotacións sen resolver o conflicto da débeda e pregunta ó PP cal é a razón de que a débeda non se esixa por vía legal. "Se os canteiros non queren pagar a débeda, teremos que esixila por vía legal". O PSOE foi tamén moi crítico con varias clausulas do prego nas que se permite a posibilidade de non pagar o canon se a empresa non ten actividade nela: " Se unha emrpesa non extrae non é responsabilidade do Concello, se saca a adxudicación e punto. A ninguén se lle ocurriría non cobrar un alquiler porque nese momento non lle apetece ó inquilino.

Asimesmo, o PSOE afirmou que lle parece excesivo o prazo de 15 anos de concesión e tildou de ridículo o prezo de 1,20 euros metro cadrado de canon de arrendamento. O PSOE propugna a elaboración dunha auditoría minera para comprobar o estado de cada explotación antes de fixa-lo prezo.

Tamén criticou o PSOE a inexistente regulación ambiental existente no prego e de respeto á veciñanza pola explotacións e pediu que se esixa ós canteiros á implantación de normas ambientais como a  UNE 22480 de Xestión Minera Sostible. "Non vale só con regular as ocupacións, queremos que a explitación sea respetuosa e sostible co entorno e cos veciños. Problemas como os dos lodos das canteiras ou os ruidos deben ser tamén regulados na ordenanza"

"É un mal prego de condicións que nace sen consenso e que só beneficia ós empresarios das Canteiras ós que este goberno se rinde", afirman como conclusión dende o PSOE.

Mocións do PSOE


O PSOE presentará ademáis no pleno deste luns, dúas mocións máis. Unha solicitando obras urxentes de reparación de firme e recollida de pluviais nas rúas Pontevedra, Lugo Ourense e Coruña do Barrio dos Currás, moi afectados polo seu mal estado. A outra para solicitar a urxente regulación do uso das instalacións municipais como a Casa de Cultura e evitar situacións como a negativa do Concello a ceder a Casa de Cultura ó poeta porriñes Brais Ocampo, moción que os socialistas aproveitarán para criticar o goberno local a parálise total na xestión cultural e o sectarismo crecente na negativa a moitos porriñeses e colectivos do uso das instalacións públicas porriñesas.

Asimesmo, o Grupo Socialista preguntará sobre varias obras realizadas polo concello sobre terreos particulares sen permiso e sobre a planta de machaqueo ilegal existente na parroquia de Cans.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera