21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Comisión Executiva Local / Vida Orgánica / A Agrupación Socialista do Porriño inagu

Vida Orgánica

A Agrupación Socialista do Porriño inagurou a súa nova sede coa presenza de Modesto Pose Mesura, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Pontevedra e celebrou a tradicional Cea do Primeiro de Maio

Vaqueiro afirmou que o PSOE sí está unido e cohesionado cun obxectivo común, e animo ós progresistas do Porriño, votantes do PSOE ou de outras forzas de esquerda a que den ó PSOE a oportunidade que merece no Porriño. É a hora do PSOE do Porriño."

 

02/05/2012

 

Os socialistas do Porriño inaguraron onte, día 30 de ABRIL, a súa  nova sede na Rúa Fernández Areal do Porriño nun acto no que participou Modesto Pose Mesura, que descubriu unha placa de cantería co nome da Agrupación Socialista do Porriño realizada polo canteiro porriñés Paco Candán.

O Secretario Xeral dos Socialistas de Pontevedra, Modesto Pose, afirmou que esta nova sede dos socialistas servirá para atender mellor ós veciños do Porriño e permitirá un traballo máis profundo e comprometido dos socialistas do Porriño. Unha sede totalmente equipada que terá un horario de atención ó pùblico para que o Grupo Municipal Socialista poida atender ós veciños do Porriño.

Con posterioridade, máis dun centenar de afiliados e simpatizantes do PSOE do Porriño, Mos e Ponteareas, compartiron no Restaurante "Volante", na parroquia porriñesa de Budiño, da tradicional cea do Primeiro de Maio, unha tradición de máis de 30 anos da Agrupación Socialista do Porriño, na que o secretario socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, a Voceira Municipal socialista, Eva García de la Torre, e Modesto Pose, se dirixiron ós cargos orgánicos e simpatizantes da esquerda porriñesa para animalos a construir unha alternativa ó goberno de Nelson Santos ante a crecente pàrálise e escurantismo do Goberno Local do Porriño, e que serviu tamén para homenaxear a militantes históricos do PSOE do Porriño.

O secretario Xeral do PSOE do Porriño, Iván Vaqueiro afirmou que O Porriño debe superar prácticas caciquís como as que realiza o actual goberno e animou ós porriñeses de esquerda a non perderse en debates sobre o que nos diferencia, senon a traballar dende a unidade para facer do PSOE a alternativa de esquerdas maioritaria no Porriño. "Os progresistas do Porriño queremos dicirlles que o PSOE do Porriño é unha alternativa estable, seria e ilusionante, que traballa unida e cohesionada, para xenerar unha alternativa creible de goberno ó PP do Porriño. Non perderemos nin un segundo en debates internos nin divisións, senon que traballaremos a reo para desaloxar do poder democráticamente a este goberno rancio e caciquil que temos no Porriño empeñado en rematar co pluralismo e o compromiso social. O PSOE sí está unido e cohesionado cun obxectivo común, e animo ós progresistas do Porriño, votantes do PSOE ou de outras forzas de esquerda a que den ó PSOE a oportunidade que merece no Porriño. Outros xa o fixeron co resultado xa visto, pero é a hora do PSOE do Porriño."

Eva García pediu ó goberno local que explique dunha vez se pensa presentar uns orzamentos e afirmou que a parálise do Porriño ten un responsable: Nelson Santos. "Só se os socialistas explicamos ós porriñeses que temos un proxecto real e creible, nos apoiarán, e para iso temos que traballar para convencelos de que o PP e o freno do progreso e un auténtico retroceso ético no Porriño."

Modesto Pose valorou a traxectoria dos socialistas do Porriño nun discurso que tivo tintes emotivos ó rematar o mes vindeiro a súa xestión como secretario provincial, e recibiu o aplauso dos socialsitas do Porriño polos seus anos de traballo e compromiso coa comarca da Louriña, o Baixo Miño e o Condado Paradanta.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera