15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / O PSdeG-PSOE critica o retraso de 5 mese

Actualidade

O PSdeG-PSOE critica o retraso de 5 meses nos Orzamentos Municipais e fala de parálise municipal e afirma que O Poriño necesita unha nova Alternativa

A Voceira Municipal do PSOE, Eva García, afirmou que a parálise do goberno local e o crecente escurantismo na xestión de Nelson Santos fai necesaria unha nova alternativa de goberno e afirmou que o PSOE do Porriño nestes momentos, quere asumir a necesidade de construir unha alternativa de goberno ó PP

 

21/04/2012

 

O Grupo Municipal Socialista afirmou hoxe por medio da súa Voceira Municipal, Eva García de la Torre, que o retraso en 5 meses na presentación dos orzamentos xa non ten excusa unha vez pasado o trámite dos préstamos estatais para o pago de débeda municipal, e advertiu ó goberno local que cada día que pasa o Concello sen Orzamentos, é un día perdido na batalla da recuperación económica do Porriño.

García de la Torre afirmou que o PSOE quere ter unha actitude constructiva, pero para iso necesitamos ver un orzamento enriba da mesa para poder traballar sobre el. "Estamos dispostos a traballar polo mellor orzamentos para os veciños, pero a parálise da Concellería de Facenda e do Alcalde Nelson Santos empeza a ser preocupante para Porriño"

Asimesmo, a Voceira socialista afirmou que importantes liñas de apoio dos orzamentos, como as axudas para o mantemento dos colexios, inversións na mellora dos polígonos ou os plans de emprego, dependen de er un orzamento vixente que sexa transparente, e que non leve ás confusións de gasto coas que nos ten acostumado este alcalde, que fai tan só 6 meses aprobou gastos por 600.000 euros sen contratación de ningún tipo. Nelson Santos prometeu que antes de finais de Marzo presentaría os orzamentos e estamos case en Maio e inda non se sabe deles. Unha nova mentira de Santos"

Unha nova alternativa de Goberno

A Voceira Municipal do PSOE, Eva García, afirmou que a  parálise do goberno local e o crecente escurantismo na xestión de Nelson Santos fai necesaria unha nova alternativa de goberno e afirmou que o PSOE do Porriño nestes momentos, quere asumir a necesidade de construir unha alternativa de goberno ó PP unificando todas as sensibilidades dos porriñeses e dos progresistas do Porriño porque se fai máis necesario que nunca, frenar a escalada de recortes nos gastos sociais e ó mesmo tempo, a hipocresía de gastar trinta ou corenta mil euros en traer á orquesta Gran Parada e nembargantes, recortar as partidas de asuntos sociais ou de educación no Porriño. "A austeridade de Nelson Santos é irreal e a actuación do PP do Porriño dunha hipocresía alarmante. Falamos de austeridade e gastamos 80.000 euros nunha barredora fora dos prezos de mercado a empresas afíns ou contratamos fora de concurso a autónomos afíns para tarefasmunicipais. E isto non pode seguir así. Queremos un Alcalde ou Alcaldesa que digan a verdade"

García rematou afirmando que o PSOE do Porriño hoxe é un partido máis forte e nos vindeiros meses extenderemos a nosa labor para asumir a responsabilidade de crear unha nova alternativa ó goberno de Nelson Santos.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera