15 de outubro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PORRIÑO

 


Home / Novas / Actualidade / Pleno da Corporación o vindeiro Luns 27

Actualidade

Pleno da Corporación o vindeiro Luns 27 de Febreiro

O PSdeG-PSOE presenta mocións no pleno esixindo a presentación dos Orzamentos para o 2012 e para regular as dietas que cobran os concelleiros de goberno e preguntará sobre o retraso na convocatoria das axudas ós colexios do Porriño

 

25/02/2012

 

O Grupo Municipal Socialisa do Porriño rexistrou a semana pasada tres mocións que serán debatidas no pleno deste luns día 27 de Febreiro,

A primeira delas, relativa á situación económica do Concello, esixe ó alcalde a presentación dos Orzamentos para o 2012. "Nos atopamos xa case en Marzo de 2012, e Nelson Santos inda non presentou nin o borrador dos Orzamentos para este ano. Segundo os socialistas, o goberno local está a paralizar os orzamentos, o cal resulta moi negativo non só para o correcto funcionamento do Concello, senon para actividade municipal en concreto.

Os concelleiros do PSOE advirten que a xestión municipal está a empeorar de maneira preocupante, dado que agora vemos como en vez de presupuestar, o goberno presenta faturas para recoñecer, como os 600.000 euros sen partida orzamentaria nin procedementos de contratación que se recoñeceron a finais do ano 2011. "Dende o PSOE pensamos que este goberno primeiro gasta sen control e logo pretende que a Corporación avale a súa mala xestión, e lembrou que é incomprensible que un goberno con 5 adicacións excusivas e 4 parciais, non sexa quen de presentar en plazo os orzamentos"

Por outra parte, o PSOE presentará unha moción para a mellor regulación do cobro das dietas por kilometraxe polos concelleiros de goberno. Segundo os socialistas, algúns concelleiros están a cobrar cantidades importantes facturadas en concepto de indemnizacións por kilometraxa, sen xustificar a súa actividade e ese gasto, algo que segundo os socialistas "non é comprensible e se presta ás malas interpretacións. Os concelleiros/as deben obrigatoriamente xustificar os cartos que cobran por kilometraxe, para que ninguén poida pensar que cobran sobresoldos en concepto de indemnizacións por kilometraxe. Lembremos que os concelleiros xa cobran 35.000 euros ó ano de soldo, e algúns están a pasar dietasde contías importtantes ó mes polos kilómetros realizados.

Por último os socialistas presentarán a anunciada moción en defensa do barrio de Orbenlle, para que a Corporación se posicione ante a Xunta de Galicia para esixir que o barrio de Orbenlle non quede afectado pola Rede Natura 2.000, pois xa non representa unha zona de singular protección natural, senon que é unha zona onde conviven vivendas particulares con fincas de activiade agraria e mesmo algunha activiade económica, polo que non ten,segundo os socialistas, sentido, manter a afectación como Rede Natura, condenando ó barrio de Orbenlle a non poder facer absolutamente nada nas súas propiedades.

O PSdeG-PSOE manifestou que con esta moción, "cumprimos cos veciños de Orbenlle e Budiño, mentres o goberno local, nin se dignou a reunir ó portavoces da Corporación nin a expresar públicamente a súa opinión. É por elo, que dende o PSdeG-PSOE presentaremos a moción no pleno da Corporación Municipal para tratar este tema e tratar de que o Concello se posicione públicamente neste senso. No seu día o PSOE sí clumpliu, conseguindo que na anterior proposta de Rede Natura aparecese o barrio de Orbenlle desafectado, e agora non podemos permitir que o PP; igual que fixo o goberno de Barros no seu día, traicione ós veciños de Orbenlle"

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE O Porriño
C/ Fernández Areal, 22 - Bajo
Apartado de Correos 4, 36.400 O Porriño
Teléfono: 886 133 680
psdeg.psoe.oporrino@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera